mércores, 27 de maio de 2015

A Frouxeira, 25 de Maio: 1400 limícolas e un posíbel Calidris melanotos

   O luns collín libre parte da mañá para controlar o paso na lagoa da Frouxeira, onde había algúns cambios con respeito da fin de semana. Resumo os datos novos deste luns:

- 6 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 4 Garzas brancas (Egretta alba, 3 ads + 1 xuv)
- Un Parella de patos frisados (Anas strepera) coa primeira rolada da temporada: 12 poliños de poucos días.
- 2 Cercetas albelas (Anas querquedula). O macho aquel de cabeza marrón e unha femia. Non lembro en trinta anos unha sedimentación tan prolongada da especie na lagoa (aínda que si hai citas en Maio)
- 1 Pato cristado (Aythya fuligula)
- 2 Tartarañas das xunqueiras (Circus aeruginosus) xuvenís
- 1 Millafre negro (Milvus migrans). Especie de recente colonización aquí.

 Garzas brancas (Egretta alba) no illote da Lapela



    De limícolas, notábase un incremento importante na cantidade total, aínda que o número de especies seguía sendo baixo (a primeira semana de Maio é moito máis espectacular; que pena de retraso).
    A mobilidade das aves era máxima, así que nesta ocasión censei en "modo turbo" (habitualmenete censo de 2 en 2 ind.) . Van os datos novos do día 25:

- 21 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 675 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
-  65 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 640 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- 1 Mazaricos rabinegro (Limosa limosa)
- 6 Virapedras (Arenaria interpres)


 Virapedras (Arenaria interpres)


   Ademáis puiden observar unha limícola pequena completamente descoñecida para min. Logo de analizar e comparar información (con gravacións de voz incluídas) penso que se trataba con moita probabilidade dun Pilro peitoral (Calidris melanotos). Sobre todo despois de enterarme polo Facebook de Rarebirds que ao día seguinte foi observado un exemplar precisamente desta especie en Navarra. Estou case convencido que o era.

  En fin, aínda quedan días de NE e, a pesar de estar en medio de semana, recomendo a visita a aqueles aos que a xornada laboral llo permita.

Píllara cincenta (Pluvialis squatarola) e outras limícolas menores

4 comentarios:

  1. Hola Xabier: El miércoles di una vuelta por la laguna y había tres charrancitos pescando en el canal de la laguna. No se si son muy habituales por aquí y por eso te lo comunico. Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois o certo é que o Carrán pequeno volveuse bastante escaso nos últimos anos, algo que tamén sucedeu na costa asturiana polo visto (lino no blogue "Aves de Gozón").
      Antes podía observarse regularmente nos dous pasos, en grupos de até 30 exemplares, pero agora hai anos en que nin o observo. E case sempre en número mínimo. Na ría de Ortigueira pasou algo parecido.
      Grazas pola información Roberto.

      Eliminar
  2. Espectaculares cifras. E xa sei que vas decir que son baixas... Pero insisto, espectaculares. Disfrútao.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai que ter en conta que este ano o paso foi tardío, igual que o pasado, e que a invernada foi moi frouxa (non hai máis que ver o triste de Villafáfila). E aínda así temos unhas cifras de limis que xa quixeran moitas lagoas litorais e rías do NW peninsular.
      É sen dúbida o período de maior relevancia ornitolóxica en Valdoviño (qué pena que a poboación reprodutora sexa tan cativa...)

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos