xoves, 4 de xuño de 2015

BUUUUUFFFFFFF!!!!

 Estou coas primeiras probas.... E mi madriña cómo vai isto!!!


   Qué barbaridade, qué barbaridade, qué barbaridade de máquina.

    Estou esperando a fin de semana para probala de verdade, pero xa vou sabendo cousas. Por exemplo, que a calidade en fotografía hai que pagala. Cando comprei a SX50 canseime de recomendala a todos os naturalistas que me preguntaban, pero o alto precio que tiña daquela botou para atrás a moitos posíbeis compradores, que acabaron comprando modelos que (na miña humilde opinión) estaban un escalón, ou varios, por debaixo da Canon.

    Nestes momentos sinto que os 575 euros que paguei por esta Nikon P900 van ser probablemente a mellor inversión da miña vida.
    Difícilmente se lle poden atopar eivas, máis aló da ausencia de RAW. Unha eiva ésta que queda minimizada polo descomunal zoom que posúe, que fai que non haxa que recurtar apenas as imaxes. Ademáis o moito maior tamaño da lente (67 mm!) que as outras bridge beneficia a luminosidade. E sempre me pareceu que as Nikon da serie P tiñan unha calidade moi boa en JPEG.
    Dous aspectos que supoñen un salto cualtitativo con respecto á SX50 son, por unha banda, o disparo en refacho (declaran 7 fps en máxima calidade, pero vos xuro que a min paréceme máis). Na SX50 dispoñías dun modo máis veloz (13 fps en modo "deportes"), pero era automático e sen controis manuais (en manual eran uns cutrísimos 2,2 fps). Pero estes 7 fps da Nikon podes desfrutalos en modo completamente manual, que é como disparo sempre. E son moitos disparos do noso Señor.

  Outra mellora que xa descubrín: o enfoque manual da P900. É a cuarta bridge que teño e nunca antes tivera un enfoque manual tan bon; case, case de reflex. Ademáis podes utilizar o botón lateral do obxectivo, super cómodo!

 E agora vai a clásica serie de fotos para ver o que aumenta. Preparádevos. Todas as fotos son orixinais e SEN RECURTE.

 Vista panorámica grande angular equiv. 24 mm

   Os polos de Gaivota patimarela, recén saídos a semana pasada,estaban na zona de sombra, como case sempre. Así que tiven que subir a sensibilidade a ISO 800 para meter unha velocidade algo rápida.

 Focal equiv. 300 mm

   De todas formas disparei a pulso, por non ir buscar o trípode. Lóxicamente con estas focais descomunais, e a esa distancia, isto non era o máis indicado.

Focal 2000 mm ISO 800  V: 1/640 seg  F: 6,5


 Focal 2000 mm (máximo zoom óptico)  ISO: 800  V: 1/500 seg  F: 6,5

  Logo de probar a máxima focal, probei a cousa esa do "zoom intelixente". Asegura Nikon que consiste nun procesado posterior sen empregar zoom dixital e sen pérdida de calidade. 

 Focal  4000 mm (procesado ampliado)  ISO: 800  V: 1/800 seg  F: 6,5

  Estirando a esta loucura de focal o trípode sería imprescindible. E os bichos ao meterse na zona escura do tellado pois obrigaron a permanecer en sensibilidades absolutamente inapropiadas.

Focal 8000 mm (dixital)
  ISO: 800  V:1/800 seg  F:6,5

  As fotos cómpre interpretalas na sua xusta medida e comprendendo as circunstancias. Podo dicir sen falsa modestia que son un usuario con experiencia en fotografía de bichos con cámaras bridge (que non digo que entenda de fotografía, ollo). E teño a convición de que este pepino vai arrasar en ventas nos próximos seis meses.

13 comentarios:

  1. Impaciente por ver ya alguna prueba de la "pequeña" que a falta de que Canon saque algo parecido parece la evolución natural de usuarios de SX50.
    Un saludo.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Cala a boca Juan, que se é certo o run-run.. xa lles vale tamén aos de Canon.
      Polo visto a patente que se rexistrou cos famosos 100x é para unha cámara con sensor de 1/2 polgada, máis pequeno que o que ten a SX50 (1/2.3 "). Lóxicamente aposta por conservar o mercado dos que ven as bridge como cámaras pequenas para levar no bolso, tendo en conta o tamaño que ten esta P900, moito máis grande que as bridge convencionais que coñecemos.
      A boa nova é que tamén hai unha patente de Canon para unha bridge con sensor máis grande de 1 polgada e focal de 600 mm. Ése é o camiño!

      Eliminar
  2. Jodó, peazo de zoom e de cámara. Xa teño ganas de ver o que podes facer con ela no campo. Impresionante. Moi boa inversión, si señor.
    Apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Que habia ter moito zoom xa estaba previsto. O que non contaba era o ben que iría noutros aspectos.
      Como dis a proba de verdade será no campo.

      Eliminar
  3. Desde luego, es acojonante. Pero me gustaría hacer la misma prueba con la SX50, a ver cuánto peor es. Porque 575 es una pasta, comparado con los trescientos y pico que costaban la SX50 o la Nikon P510.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Home, non estaría mal comparar coa SX50, pero resulta que non a teño nestes momentos. Empresteilla a un posíbel comprador.
      E equivócaste co dos prezos Toño. Cando saíu ao mercado a SX50 valia 575 eurazos, ainda que eu pagara 499 na tenda porque lles dixen aos de Mediamarket que era o que poñía na web. Pero cando a compráchedes moitos de vos, dous anos máis tarde, xa baixara a trescentos e pico (e coa Nikon pasará exactamente o mesmo).
      E non me digades que "é unha pasta", Toño. Con este bicho sacas fotos equiparabeis ás que che permiten equipos reflex caros de verdade, de miles de euros.
      Caros son os telescopios e os binoculos de fluorita....pero estas camaras non me digas iso tío ;)

      Eliminar
  4. No he dicho que sea cara, he dicho que es una pasta. Ya sé que una réflex es más, y un teles, pero todo va sumando. Lo que quería decir es que por la mitad de precio (eso pagué yo, 310, pero tienes razón en que fue al final de su "vida comercial") tienes otra opción que sí, que es peor, pero no sé cuánto peor.

    Creo que esto es como con las réflex: depende de lo exigente que seas. Yo, de momento, lo soy poco.
    Toño

    ResponderEliminar
  5. Para publicar mi comentario de arriba, y para que sepan los de blogger que soy un humanop y no una máquina (¡Sayonara baby!) en vez de tener que escribir un código captcha como toda la vida he tenido que seleccionar, de entre unas cuantas fotos de platos, cuáles eran de sushi ¿¿¿?¿???
    Tengo curiosidad por ver qué me sale ahora
    Toño

    ResponderEliminar
  6. A verdade é que o do captcha ou das fotos é unha lata. Acabo de desabilitar ese filtro (a ver se non me entra moito spam...)
    Sobre o do prezo, podes miralo desta maneira: comprando agora a P900 "perdes" 200-300 euros con respecto ao que valerá dentro de dous anos. Pero con unha reflex de gama media "pérdese" moito máis. A miña Canon 60D,que non é tan velka, saíu ao mercado por 1150 euros aprox. e eu compreina por 650!! E coas de gama alta será aínda pior, imaxino.
    Sobre o da esixencia non te creas macho. Para un ornitólogo co a ti o disparo en refacho é moi importante (moitas identificacións se perden por non ter foto do bicho voando). E para afofar un paseriforme pousado entre a vexetación (A.scirpaceus na canaveira, digamos) o enfoque manual pode ser imprescindibel. E nestes dous aspectos moito me temo que a Nikon lle dá un repaso á Canon.

    A medida que vaia publicando entradas nos próximos meses iremos vendo as virtudes e os defectos (se é que os ten) desta nova bridge.

    ResponderEliminar
  7. Muy bien Xabi, esperando con ganas de ver fotos espectaculares!!! Seguro que las conseguirás... Da miedo lo de X85 uffffff que pasada!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Esta cámara va a romper el mercado de los aficionados a la ornitología Piero; ya lo verás.
      Y los lectores de Bichos vais a flipar.

      Eliminar
    2. ya me veo poner dinerito a parte para darme un placer... jajajajaja
      Parece que de verdad merece la pena.

      Eliminar
    3. Vale, Piero. Vale cada céntimo de euro que pagues por ella, te lo aseguro.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos