mércores, 17 de xuño de 2015

Véndese equipa reflex Canon 60D e Tamron VC SP 70-300 (pouco uso)

     Pois chegou o gran dia.  Este naturalista entendeu que, definitivamente, o mundo reflex non é para el. As cámaras bridge ofrécenme todo o que necesito e, ademáis, están en permanente evolución. Cada novo modelo é mellor que o anterior e ofrece novas posibilidades. Perderei esas fotos tan artísticas de aves en vó ou de rarirades que só se poden identificar por unha pluma secundaria; pero serei sumamente feliz en todo o demáis.

  Cada charla, cada encontro cos meus "fotógrafos de cabeceira" (Fran Nieto e Álvaro Fernández Polo) ía reafirmándome cada vez máis na miña idea. Esta semana mantiña unha longa conversa con Fran e acabei por decidirme.

  E os lectores e lectoras de Bichos saben mellor que ninguén que a miña Canon 60D (con obxectivo 18-55 IS II) e o meu Tamron VC SP 70-300 están case virxes. Teredes que rebuscar a fondo en Bichos para achar fotografías tomadas con esta equipa; xa sabedes que o 99 % das imaxes foron coas bridge. Así que penso que será unha boa compra para aqueles que busquen a famosa "calidade", pois tanto o corpo como o tele satisfarán á maioría de usuarios. 


   Non poño as caracterísitcas porque hoxe en día non fai falta (os interesados ides mirar seguro en Internet). O prezo será de 500 euros para a cámara e de 250 euros para o tele.


    Eu non teño presa ningunha pero quen estea interesado que fale axiña. Xa vos digo que teño un posíbel comprador para o Tamron e esta semana porei cartaces no choio.

 Era cuestión de tempo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos