martes, 18 de agosto de 2015

Desenfoque dixital, unha solución ideal para as cámaras "bridge"

   Unha das eivas máis molestas que posúen as cámaras bridge é a falta de "desenfoque", por moito que lle baixes a apertura. Mesmo con F: 3,5 ou F: 2,8 estas cámaras manteñen unha grande profundidade de campo e, se ben isto pode ser bon con certo tipo de fotografías, no caso de fotografía de bichos, sobretodo fotografía macro, pois é un problema que estropea moitas fotos.

  Eu non son fotógrafo pero tento aprender día tras día. Nese sentido son un auténtico parásito que escoita e grava cada conversa que teño con eles. Porque un blogue esixe esforzo por parte de quen publica para ir mellorando a calidade, tanto dos textos como das fotos. E niso estou.

  Hoxe, nunha conversa casual con un compañeiro de traballo, descubría unha ferramenta que ten o Photoshop e que serve para desenfocar os fondos ou os obxectos, previo proceso de selección:

 esda.- foto editada       drta. - foto orixinal

      Teño moito que practicar con este novo descobrimento. Con obxectos de alto contraste, como a cola da Lestes viridis anterior, resulta doado definir os bordos da selección. Sen embargo con outros fondos ou para formas máis finas e irregulares, como o desta Ceriagrion tenellum, xa é máis complicado delimitar a área seleccionada.
  Se aumentades a foto veredes que unha parte do fondo máis pegado ao insecto mantén a cor orixinal porque fun incapaz de o excluir. Neste caso desenfoquei moi pouco pois doutra maneira notaríase moitísimo este bordo residual.

esda. - foto editada        drta. - foto orixinal

   Desde logo é unha ferramente nova moi ilusionante, pois agora que me deu pola fotografía macro empezaba a desesperarme coa imposibilidade para lograr ese efecto tan importante na fotografía de Natureza, aínda que teño moito que practicar con ela.

  Graciñas César!

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos