martes, 4 de agosto de 2015

Libelinhas de rio

   Esta tarde visitei o rio Xúvia ao seu passo por Sam Sadurninho coa ideia de fotografar libelinhas de rio.


  O rio baixa com mui pouco caudal por mor da seca que vimos padecendo desde Maio fai-se notar. E aínda queda moito Verao...


  Tinha intençom de observar algum dos Gaiteiros menos comuns por aqui, como som Calopteryx haemorrhoidalis ou C. xanthostoma, mas os únicos que achei, muitos isso sim, fórom Gaiteiros azuis

 Gaiteiro azul (Calopteryx virgo)

Vários gónfidos pousárom no passeio peonil que descorre pola beira do rio.



   Logo de consultar a guia, semelha que todos eles eram Candis curvados (Onychogomphus uncatus), espécie que se caracteriza sobretodo polos enormes apêndices curvados que possúe o macho na ponta do abdome, de cor amarelo (moi parecido a O. forcipatus, ausente polo Norte galego)

Candil curvado (Onychogomphus uncatus)

  Mentras saia de casa, atopava esta libélula no interior dos blocos de vivendas onde moro (quase a piso!):


   Estava apampada, imagino que por bater contra algo que nom devia, pois em quanto a puxem ao sol aginha recuperóu-se e marchóu voando.

Libelinha do luscofusco (Boyeria irene)

    Graças a Damiám e Miguel pola ajuda na identificaçom. Trata-se de umha Libelinha do luscofusco ou Libelinha teixa, um odonato com hábitos particulares, afeita a voar nas últimas horas do serám e a meter-se no interior das edificaçoes.

6 comentarios:

  1. Se acaso por cambiar de augas, e por ver novas especies de augas mais ácedas, poderías ir darlle unha mirada ó Sor.
    E o Mera e o Río das Mestas, parecen sitios tamén moi apropósito.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois haverá que ir, si...Agora que estamos "em temporada baixa" para a observaçom de aves e outra fauna vertebrada nom é mala ideia.

      Eliminar
  2. Es Boyeria irene, un odonato complicado de ver por su costumbre de volar en zonas sombrías.
    Enhorabuena!

    ResponderEliminar
  3. Boas,
    Boyeria Irene é una especie bastante común nos ríos galegos, quizais o anisóptero máis abondoso. Atópase en todo típo de ríos aínda que é máis escaso en regatos pequenos onde abunda moito máis o Courdulegaster boltonii.
    Resulta curioso nesta especie que nun tramo de 100 m de río podes atopar 70 ou 80 exuvias pero só dous ou tres adultos. ¿Onde estarán o resto dos exemplares que emerxeron? Esta semana estivemos facendo varias mostraxes no Miño e puidemos ver unhas 300-400 exuvias pero só una ducia de adultos.
    Bonitas fotos e anímate a darlle caña os odonatos, que son un grupo moi bo para estes meses de verán nos que hai menos hérpetos e aves.
    Unha aperta,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Niso estou Martiño. Si que é un campo moibonito este dos odonatos (e debe ser do pouco que aínda temos chicha grazas á rede fluvial).
      A B.irene ésta desconcertoume bastante ao principio. Para min semellaba un "híbrido" entre Cordulegaster e unha Anax/Aeschna, sinceramente.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos