sábado, 26 de decembro de 2015

Parruleando na Frouxeira e... Mergullón real (Podiceps auritus)!!!

   A lagoa de Valdoviño segue con un nível medio-normal, axeitado para a observación de acuáticas.
Esta mañá, na compaña de Pepín Rivera, estivemos fotografando anátidas, das que hai agora unha diversidade interesante: Asubiador (Anas penelope), Pato culler (Anas clypeata), Lavanco (Anas platyrhynchos), Frisado (Anas strepera), Cerceta (Anas crecca), Pato chupón (Aythya ferina), Pato cristado común (Aythya fuligula), Pato cristado americán (Aythya collaris) e Pato bastardo (Aythya marila), destacando especialmente os parrulos mergulladores do xénero aythya, dada a tendencia regresiva que se está a dar no noso país e en xeral no contexto peninsular.

  Sen embargo o meu obxectivo era obviamente localizar o Mergullón real (Podiceps auritus) que acharan antonte Pablo e Antonio. Poño unha foto testemuñal.

 Mergullón real (Podiceps auritus)

   Ésta é a miña primeira observación da especie aquí, aínda que xa fora observada por un colega da SGHN a principios dos anos noventa ou finais dos oitenta, non lembro ben (Juan I. Díaz da Silva, comunicación persoal). Esperemos que aguante uns días ata os censos de Xaneiro.

   Tamén había polo menos un Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis), que xa é máis habitual na lagoa, sen chegar a ser común desde logo.

Mergullón de pescozo negro (Podiceps nigricollis)

   Cada día cobran máis importancia os modestos pero regulares continxentes invernantes de parrulos mergulladores do xénero Aythya, en severo declive no contexto peninsular. Se nos anos oitenta censábanse por centos en numerosas localidades galegas agora apenas superan o centenar en tres ou catro sitios (Encoro da Fervenza, Ría de Vigo, A Frouxeira e algunha que non lembro agora). O declive parece que tamén foi gordo en humidais importantes españois.
   Como curiosidade na lagoa de Gallocanta (Aragón) chegaron a formarse concentracións de ata 100.000! A.ferina naqueles anos oitenta. Unhas cifras realmente mareantes.


  A verdade é que hoxe daba gosto ver a variedade de anatídeas que descansaban perto do illote da Lapela. Os asubíos delataron axiña a presenza dos fermosos Patos asubiadores:

 Pato asubiador (Anas penelope, drta.)

  O Pato cristado americán, de procedencia neártica, volveuse en especie regular na zona de Ferrol. Din os entendidos destas cousas que son exemplares salvaxes non fuxidos de coleccións.

 Pato cristado americán (Aythya collaris)

   Hoxe censaba 100 Patos chupóns, un número bon para estes tempos de "crise ornitolóxica", máis aínda tendo en conta o benigno do inverno, un factor que inflúe moito nestas cousas.

 Pato chupón (Aythya ferina) macho

 A quen máis me prestou pillar foi a esta femia de Pato bastardo:


   Podemos comparar as femias das distintas especies de Aythya nas seguintes imaxes. Atención sobre todo á forma da cabeza e por suposto á ampla mancha branca na base do peteiro (ollo, que algunhas femias de A.fuligula teñen moito branco tamén)

 Femias de Aythya fuligula (Esda.) e Aythya marila (Drta.)
Esta fuligula non ten branco pero pode telo

 Femias de Aythya ferina (esda.) e Aythya marila (drta.)

 Pato bastardo (Aythya marila) femia

Bando de Galiñolas (Fulica atra) na parte Sul da lagoa

  En canto se abra o período hábil para censar haberá que facer a lagoa en primeiro lugar, antes de que suba o nivel da auga e as aves sexan máis difíciles de avistar.

9 comentarios:

  1. Grazas polas fotos das femias!. É unha boa forma de ver as diferencias.

    E felicidades pola observación, claro, hehe.

    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. A verdade é que se me puxeron "a güebo" as tías (toma frase!)
      En foto, e con estes aumentos, ata semella doado, pero no campo é bastante máis complicado...

      Eliminar
  2. Hello, what a fantastic blog. I have enjoyed reading many pages and I am looking forward to visiting the area in January. Sorry this is in English but my Spanish is not yet very good. Mick.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Thanks, Mick, and sorry for the late answer. I´ve tried always my blog was educational an entertaining.
      If you come here I would like to show this and make guide, but in January I´ll probably be too busy (with census). In February I will be more free.
      PD: And excuse my poor english.

      Eliminar
  3. Hello Xabier, thanks for the offer of showing me some birds but I will be arriving in Santiago on the 7th Jan for 5 nights and then move to Gijon for another 5 nights. I hope to get to the spot where you saw the Greater Scaup as i have never seen that species or the Ring-necked Ducks and the Horned Grebe. One species I would really like to find is Snow Bunting, do you know of a site that I might have a chance of seeing this species. Thanks Mick.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. You must write scientific names cause I don´t know british names. Imagine Snow bunting is Plectrophenax nivalis. This is not a good year for this species (winter is warm in whole Europe). Better place for watching Snow bunting are "Serra da Capelada" (Capelada Hills), between Cariño and Cedeira, in extreme Northern part of A Coruña province. There is a narrow paved road that climbs highest point: Garita de Herbeira (600 m.), located over a stunning sea clifts. Presence os Snow bunting is common there.
      In some beaches, as A Frouxeira, in Valdoviño, was very common years ago but actually presence of walkers with stray dogs disturb a lot all birds, and Snow bunting became quite rare.

      Eliminar
  4. Hello again Xabier.

    Yes, sorry I should have thought about that but thanks for the info on the correct species. The Colimbos grandes (Gavia immer)and Barnaclas carinegras (Branta bernicla)that you saw yesterday are also species I will go and have a look for.
    Happy New year and good birding, Mick.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Aaah, all right. Both species (Gavia immer and Branta bernicla) are much more easier to watch. You only have to go to village of Ortigueira (northeast of A Coruña province), famous for its celtic music festival. Take to the harbor, in the middle of the "ría" (estuary); it´s the best place around for seeing them.
      - For Branta bernicla it´s better if low tide.
      - Gavia is common there. Maybe better with high tide, when Gavia are a bit closer to harbor.

      And... one question, Mick. Aren´t you european, don´t you? (these are very common species in West Europe and I find a bit strange you are so interested in it)

      Eliminar
  5. Yes I am from Great Britain and I have seen a great many of the birds from northern Spain but I now live down in Andalucía (for ten years, which is even more embarrassing because my Spanish is still very bad) near Granada and these species along with Gaviota Cana /Larus canus and many other Gaviota species, most Sea Ducks like Pato bastardo (Aythya marila) and other sea birds including Frailecillo Atlántico (Fratercula arctica) are all on my wanted list for Spain.

    Thanks for the above information.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos