Tremenda molleira a apañada hoxe. Pero o tempo aquí é sempre así de cabrón: ceus cubertos ou choiva a primeira hora para logo mellorar a partires do mediodía, cando teño que voltar para casa.
Qué se pode facer nunha mañá repunante de todo como a de hoxe? Pois explorar lugares que queres prospectar, como esta zona acantilada pertencente a unha das cuadrículas que cubro para o atlas de aves nidificantes: NJ62, no termo municipal de Narón a maior parte dela.
Unha das vantaxes de posuír un carro "todo-camiño" é que podes aventurarte por pistas forestais con certa tranquilidade pois sabes que difícilmente has quedar atascado (se non fas moito o cafre, obviamente). Todo co obxectivo de atopar hábitats interesantes, como estes altísimos acantilados a cavalo entre Valdoviño e Narón.
Logo dos que hai en Ortegal, penso que éstes son os acantilados máis espectaculares de toda a costa Norte galega (e probablemente de todo o país), con paredóns verticais de até 200 metros.
Semella unha boa zona para aves típicas coma Corvo mariño cristado (Phalacrocorax aristotelis), Falcón (Falco peregrinus), Merlo azul (Monticola solitarius) ou Choia (Pyrrhocorax pyrrhocorax), que teño localizadas en cuadrículas próximas e quizá nidifiquen tamén nesta.
Por suposto tamén existen varios illotes interesantes para as aves mariñas.
En fin, unha mañá moi chuviosa mas ben aproveitada.
Bo curro co Atlas, Xabi! Zona moi chula, non coñezo eses cantís pero téñolles gañas. Concordo con que ese tramo da costa norte entre Narón, o Ortegal e eu incluiría o Lugo occidental ata San Cibrao (o ano pasado censando os corvos mariños da costa de Lugo atopei algúns cantís alucinantes no Vicedo, Xove e Cervo) é a costa mais guapa de Galicia.
ResponderEliminarE como molan eses illotes das fotos, fáiseme imposible non pensar en paíños... algún día haberá que poñerse con esa especie!!
Apertas
Sergio,
ResponderEliminaro último párrafo o iba a poñer eu case "clavado".
Apertas
Paco
Pois o certo é que precisamente eu ía falar do Paíño e deses illotes (sobre todo dun que non sae nas fotos), pero decidín deixalo para máis adiante.
ResponderEliminarPero algo hai. Teño algunha observación bastante interesante en época bastante interesante.