A pesar de todo logrei censar o pouco que había que, prácticamente, era o mesmo que o xoves:
- 28 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 85 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 7 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- Uns 300 Pilros comúns (Calidris alpina)
- Uns 100-105 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- + Virapedras (Arenaria interpres)
- Unha Garza cangrexeira (Ardeolla ralloides), que xa leva uns días por aquí.
O meu forte é contar pero son bastante desastre en identificacións complicadas. Non sei se vedes algo neste pirlo da imaxe. Desde logo a plumaxe do lombo tipo Combatente dá que pensar. Como digo eu céntrome sempre en contar e non me paro demasiado cando entra tanta limicolada (se o fixese non sería capaz de censar todo o mogollón)
Limícolas pequenas comúns
Pilros comúns e tridáctilos (Calidris alpina/alba)
Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
Como non había moitas opcións, pasei o rato fotografando bandos en vóo. Coa Fuji HS50 sería máis doado, pero coa Canon a cousa xa é un desafío. Pensade que disparo sempre en RAW, ou sexa, con un único disparo (sen refacho)
Foto: Canon SX60 (focal 247 mm) ISO 200 V: 1/800 F: 6,5
Foto: Canon SX60 (focal 136 mm) ISO: 200 V: 1/800 F: 6,3
E, para variar, a sesión estivo "amenizada" polos urbanitas de sempre...
Imaxe diaria dentro da zona Ramsar, IBA, Lic, Zepa e Rede Natura, con Plan de Conservación propio e con Plano de Conservación da Píllara (mirade se está protexida!)
En fin, cánta paciencia temos os naturalistas da costa galega!!
A veces pregúntome se non sería boa cousa que un capullo destes se topase un día de frente cun Xabalí ferido de bala que os desgraciase ao can e máis ao dono. Pero non teremos esa sorte...
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos