sábado, 27 de agosto de 2016

Unha decisión importante

   As dúas cámaras bridge que me roubaron o corazón aínda non están no mercado español. Pódense conseguer vía Internete procedentes doutros países pero o seu elevado prezo aconsella esperar a que saian á venda en España.  E este tempo de espera permitíume ler provas, analisar as súas prestacións, ver fotos,  pensar.... pois ambas son extraordinarias para uso naturalista.



   Do que levo mirado podemos concluir cuais son as vantaxes dunha e doutra.

Vantaxes da SONY RX10 III 24-600:

- Maior focal máxima (equivalente a 600 mm)
- Maior luminosidade, con F: 4 na máxima focal, frente a F: 5,6 da Nikon
- Quizá mellor nivel de detalle e calidade de imaxe, polo que lin en reviews.
- Anel de zoom manual, moi cómodo de usar e moi útil para aforrar bateria; algo que coñezo ben da serie HS de Fuji e que curiosamente as grandes marcas que dominan o mercado das reflex non incorporan ás súas compactas ("casualidades" da vida)
- Un terceiro anel manual para control da apertura
- Mellor ergonomía e calidade construción
- Maior calidade para fotografía macro por ter máis focal á mesma distancia mínima (70 cm) e maior desenfoque do fondo grazas á maior apertura (F:4)
- Deseño máis moderno e agradábel desde meu ponto de vista
- Maior duración da batería (uns 400 disparos frente a 280 da Nikon)
- Calidade e prestacións de vídeo sen precendentes na categoría, con posibilidade de 4K

Vantaxes da NIKON DL 24-500

- Moito mellor autofocus para obxectos en movimento grazas ao enfoque híbrido (fase + contraste), co cual se pode fotografar mellor aves en vóo, por exemplo.
- Pantalla completamente abatible e articulada, algo que se agradece en macrofotografía ou con tomas sobre trípode (a Sony é só abatible cara atrás)
- Controis máis familiares para o usuario, por coñecimento doutras cámaras da marca
- Moito mellor prezo (900 euros frente a 1600 da Sony)

  Ben, ésta última característica non sei se podemos considerala realmente vantaxe (polo menos se está xustificada). De feito é moi probable que de non existir tal diferenza de prezo eu non tería debate nestes momentos, pero antes de dar un paso no que vou pagar por unha cámara máis do que cobro ao mes pois hai que miralo todo. Aínda que a decisión xa case está tomada.
  Recoñezo que as fotos esas de cirrios ou paseriformes en vóo son realmente espectaculares, pero en última instancia serían unha minoría de todas as que poida tomar a final do ano. Sen embargo as de limícolas pousadas no intermareal, paisaxes agrícolas ou insectos sobre flores han ser sen dúbida moito máis frecuentes. E aí a Sony penso que  pode estar un escalón por encima da Nikon.

  Agora toca esperar...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos