sábado, 12 de novembro de 2016

Seguen as Limosa e os squatarola

    A xente déixase levar por titulares periodísticos ou por sensacións erróneas, pero os datos  meteorolóxicos da estación de Ferrol  indican que tivemos un verán relativamente normal, con temperaturas lixeiramente por encima da media e precipitacións escasas, como é propio no clima do Golfo Ártabro (que mostra seca estival). E foi un verán curto, por certo: Xuño e Setembro foron meses húmedos con precipitacións superiores á media (97 mm e 115 mm respectivamente). Pola contra Outubro foi seco, pero non tanto como fala o persoal, pois houbo 9 días de chuvia con 69 mm. Isto é a realidade climática, que seguramente choca coa idea que tiña algún leitor.

   É de esperar que a apartires de agora se sucedan interminábeis xornadas de chuvia persistente que, xunto co acurtamento da luz solar, causan unha sensación de pesadume e tristura nas persoas que gostamos da luz e do calor.


     Teremos ocasións de probar a sensibilidade da Sony.

Estampas habituais durante o inverno galego

   Na ría de Ferrol poucas novidades. As Mobellas (Gavia sp) seguen sen chegar e o númerro de Mergullóns mantense nunha cifra moi discreta de 14 exemplares.. Por certo, atentos a este toma:

 Sony  RX10 III (focal 600 mm + zoom dixital 2,6 x)  ISO 250  V: 1/100  F:4

  Como vedes foi tomada co zoom dixital case a tope e cunha velocidade lentísima de 1/100 seg, e A PULSO, sen trípode nin nada. E as aves estaban a uns 80-100 m de distancia. Realmente asombroso o estabilizador. Estamos sen dúbidas noutro nivel de tecnoloxía diferente ao coñecido nas bridge.


    Onte pasei pola marisma de Neda a ver como estaba o ambiente.


 Neda, desde o esteiro do Belelle

    Alí avistaba 10 Píllaras cincentas e 14 Mazaricos rabinegros. Todo indica que van ficar a invernar.

 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)

Mazarico rabinegros (Limosa limosa)

  A ver se mañá sae algo o sol, caramba.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos