domingo, 6 de novembro de 2016

Unha tarde co mestre Fran

   Hoxe botei a tarde con Fran Nieto e Anabel Viñas. Tiña ganas de ensinarlle a cámara a Fran e de escoitar a súa opinión experta. Como todos os que saben de verdade non fixo máis que loubar as cualidades da máquina nunha pequena toma de contacto.

 Fran Nieto disparando coa Sony RX10 III

   Estar con alguén así é garantía de aprendizaxe. Sempre volves a casa cun saco de coñecimento novo e ardes en desexos de poñelo en práctica. Aproveitou unha paisaxe co asteleiro e un ceo espectacular para ensinarme algo sobre o equilibrio nas composicións.

 Asteleiro de Navantia-Ferrol (antiga Bazán)
Foto: Fran Nieto, coa miña cámara

  Simplemente probando o enfoque Fran afotou sen querer un parrulo mergullador, especie non moi habitual na ría. Haberá que volver para identificalo mellor.

 Pato sp (Aythya sp), á dereita da imaxe

 Tampouco faltou a Garza branca do Seixo.

 Garza branca (Egretta alba)

  Despois viñeron á miña casa, onde tiven ocasión de continuar aprendendo un montón de cousas sobre brillos, niveis, contrastes, texturas e mil cousas máis.
.
Un apretabotóns
Foto: Fran Nieto, con iphone

O afotador afotado
Foto: Fran Nieto, con iphone

  E logo de escoitar as súas palabras estou aínda máis convencido do extrordinario desta nova cámara que acabo de adquirir.

2 comentarios:

  1. Mi madriña. Nada coma saber facer fotos. Ata as que están feitas co iphone son magníficas. A cámara será estupenda, pero no fondo o mérito é do que afota, que sabe sacar partido a semellante "becho". Nas miñas mans esas cámaras é coma tirar os cartos (non teño paciencia para a fotografía).

    Espero que andes mellor do ombreiro.

    Bicos e apertas,
    Inés

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Bueno, acabas de dicir unha gran verdade: para facer boas fotos ("boas" para nós, enténdase) hai que ter paciencia. E practicar. Paréceme incríbel que haxa tantos usuarios que botan anos disparando en automático.

      O ombro vai mellor. O que non mellora é o cóbado. Son un vello!!

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos