sábado, 14 de xaneiro de 2017

Censo de acuáticas na ría de Ferrol actualizado

     Imos completando máis cousas do censo persoal que estou a facer na ría de Ferrol. Esta mañá realicei un conteo de ardeidos, que xa podemos engadir ao total provisional. Sen embargo a principal novidade foron dous exemplares de Mobella grande, especie que xa observara o pasado 4 de Xaneiro, aínda que o primeiro rexistro do inverno foi  de David Martínez Lago, que avistou un individuo o 21 de Decembro (fonte: Noticiario Ornitoxeográfico da SGO).

Mobellas grandes no Seixo (Mugardos)

Mobella grande (Gavia immer)

O meu censo da Ría de Ferrol está así nestes momentos:

- 2 Mobellas grandes (Gavia immer)
- 71 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)
- 5 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 149 Garzas reais (Ardea cinerea)
- 1 Garza branca (Egretta alba)
- 137 Garzotas (Egretta garzetta)
- 1 Garza boieira (Bubulcus ibis)
- Corvos mariños cristados (Phalacrocorax aristotelis). Non censados. As mellores zonas para velos están na parte máis occidental e aberta da ría: Mugardos, O Seixo ou San Felipe, onde sempre hai grupiños pequenos e individuos solitarios.
- Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo). Non censados. O ano que mellor se cubríu a especie sacamos máis de 400 individuos. É sempre un censo complicado pois ten moitos durmideiros e ademáis moitos exemplares marchan fóra da ría pola noite. Non obstante penso que a súa poboación diminuíu algo nesta última década, que estará agora nas 300-350 aves.
- 2 Asubiadores (Anas penelope)
- 352 Lavancos (Anas platyrhynchos)
- 6 Patos frisados (Anas strepera)
- 2 Patos rabilongos (Anas acuta)
- 1 Cerceta (Anas crecca)
- 2 Patos cristados (Anas fuligula)
- 2 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola). Provisional.
- 12 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 112 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 55 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos). A cifra real anda arredor dun centenar, pero non dispoño do tempo necesario para a especie.

- Gaivotas choronas (Croicocephalus ridibundus). Non censadas. 2500-3000 exemplares
- Gaivotas patimareas (Larus michahellis). Non censadas. Notable incremento dos últimos anos, con cifras en torno ao millar de exemplares censados en 2015 e 2016. En parte grazas á mellora na súa cobertura por parte da equipa da SGHN (da que formaba parte) pero os centos de parellas reprodutoras nas áreas urbanas da ría deben ser tamén causa deste incremento.
- Gaivotas escuras (Larus fuscus). Non censadas. Moito menos abondosa que a patimarela.
- 1 Gaivota cana (Larus canus)
- 10 Gaivotóns (larus marinus)
- Gaivotas de cabeza negra (Larus melanocephalus). Non censadas.
- 11 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)


 Mergullóns de pescozo negro (Podiceps nigricollis)


Dársena de Mugardos con baixamar (A Graña en frente)

  E mañá tentarei ir a Ortigueira a ver qué trouxo este frío.

2 comentarios:

  1. Pois non está nada mal. Hai máis que barcos e Navantia na Ría de Ferrol ; )

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Hai, si. É de esperar tamén que logo da finalización do saneamento (previsto para finais de 2017, creo) teñamos melloras interesantes. A ver se é certo...

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos