Libeliña peluda (Brachytron pratense)
Este aésnido ten unha fisonomía moi peculiar, sen a cintura estreita típica noutros parentes, e co tórax cuberto de vellosidades que semellan pelo, como vemos na seguinte imaxe:
Ademáis observei dúas Donceliñas vermellas (Pyrrhosoma nymphula), macho e femia, e unha libélula grande que non puiden identificar (Anxos Romeo observaba esta mesma tarde Emperadores peregrinos Anax ephipigger na cercana lagoa de Doniños).
Donceliña vermella (Pyrrhosoma nymphula) macho
Un lugar cun potencial fantástico este carregal (xunqueira pantanosa). É uhna mágoa que perdese a lámina de augas libres permanentes que coñecín nos anos oitenta.
Carregal de San Xurxo-Esmelle (Ferrol)
Mañá toca volver a libelular e o domingo controlar a migración na Frouxeira. Estamos en Primavera e cada día trae novidades.
Que preciosidade de bicho. É das primeiras que emerxen e nunca defraudan. Noraboa pola observación!!
ResponderEliminarApertas,
Martiño
Grazas. A ver se temos sorte mañá ;)
Eliminar