Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
Niño de Mergullón cristado con adulto (entre as espadanas, á esquerda)
José Ramón quería ver Rás estrozas e cansou de velas, sobre todo metamórficos, coma este artista que saíu da auga sen ter rematada completamente a metamorfose:
Rá estroza (Hyla molleri) metamórfico aínda con parte da cola
Camiñando pola ribeira a cantidade de ortópteros, raniñas e libélulas adultas que aparecían a cada paso deleitaron ao meu acompañante. Especialmente a cantidade de saltóns e pallas era absolutamente abraiante esta mañá. Por suposto había moitas libeliñas, favorecidas por estes días de intenso calor que tivemos: 33 º C en Ferrol ontes! (serían bastantes menos en Valdoviño).
Libélula maculada (Libellula quadrimaculata)
Entre outras especies anotei as primeiros gaiteiriños forestais da temporada, moi comúns nas ribeiras con cobertura arbórea ou de mato de Abeleira.
Gaiteiriño forestal (Lestes viridis)
Libélula de cú negro (Orthetrum cancellatum)
Desta volta a maioría estaban xa coas cores normais (quitando os sympetrum, aínda tenerais case todos eles). E resulta espectacular o Lavacú escarlata, quizá a libélula máis inconfundíbel do encoro.
Lavacú escarlata (Crocothemis eythraea) en postura característica
Lavacú escarlata (Croccothemis erythraea)
Sony RX10 (focal 220 mm) ISO: 64 V:1/500 F: 4
Unha estupenda xornada desfrutando dun espazo natural modesto pero moi tranquilo, alonxado da problemática dos humidais costeiros, e que os lectores e lectoras de Bichos xa coñecedes. Desde logo José Ramón voltou cun sorriso de orella a orella, máis contento que un neno cunha piruleta.
O día de hoxe como le digo yo que es una institución andante ,he lo bien que pase la mañana ,aún que se le olvidó la cámara y no pudo fotografíar un arrendajo a pocos metros nuestras y no le gustó y mi decepción por no poderlo fotografíar he pasado la mejor jornada de campo con un maestro en este mundo un saludo y haber cuando hay otra salida que me emocioné mucho y quiero repetir un saludo
ResponderEliminarSi que te vin emocionado... Haberá que repetir, logo.
EliminarApertas
Maestro eres mi mentor un gran saludo y que venga otra salida que tus conocimientos no se pueden perder
ResponderEliminarMoitas grazas pero non é para tanto. Probablemente acabes coñecendo a xente que sabe de verdade. Xa che dixen que eu simplemente son un bon "transmisor" de información. Nada máis.
Eliminar