Ao baixarem as augas podemos nos achegar a lugares inaccesíveis a maior parte do ano, como a ilha de A Ranhoa (primeira vez que a pissei).
De aquáticas censadas podemos salientar:
- 32 Mergulhóns cristados (Podiceps cristatus)
- 1 Pato culher (Anas clypeata)
- 9 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
- 1 Bilurico bastardo (Tringa glareola)
- 32 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos), récord na localidade
- 1 Narceja (Gallinago gallinago)
Bilurico alinegro (Tringa ochropus)
Mas nestas alturas os protagonistas som os paxaros insectívoros que atravessam a Península rumo os seus quarteis de invernada transaharianos. Hoje havia umha boa representaçom:
- Lavandeiras boieiras, subespécie británica (Motacilla flava flavissima). Grupos familiares.
- Picas das árvores (Anthus trivialis).
- Pedreiro cinzento (Oenanthe oenanthe). Um exemplar.
- Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus)
- Picafolhas cantores (Phylloscopus trochilus), moi abondosso
- Papamoscas pretos (Ficedula hypoleuca). Vários ex.
- Papamoscas cinzento (Muscicapa striata), un exemplar
Lavandeiras boieiras (Motacilla flava flavissima)
Picafolhas cantor (Phylloscopus trochilus)
Folosa das canaveiras (Acrocephalus scirpaceus)
Pedreiro cinzento (Oenanthe oenanthe)
Papamoscas preto (Ficedula hypoleuca, esda) e cinzento (Muscicapa striata, drta)
De libelinhas pouca cousa (a meteorologia nom acompanhava). Únicamente várias Libelinhas de Outono, odonato típico destas datas.
Libelinha de Outono (Aeshna mixta)
E agora a ver se os ventos viram a SW e começa o passo de limícolas.
PD: Os meus agradecimentos a Pablo Gutiérrez pola ajuda na identificaçom da Folosa e do Pedreiro.
Muchas gracias a ti por compartir las observaciones. Excelente entrada como siempre. Que buena pinta tiene As Forcadas!
ResponderEliminarPola nosa parte temos todo en perfecto estado de revista (que se dicía na mili): lagoa aberta e baleira, encoro con baixo nível de auga. Agora ten que colaborar a meteoroloxía.
Eliminarbonito pots, siento no haber podido ir,me hubiera gustado estar para enseñarme mas sobre esas Paseriformes,un gran saludo,
ResponderEliminarAlégrome que che goste o post, Jose. Nestas datas é doado publicar cousas chulas desde o ponto de vista ornitolóxico. Estamos en "temporada alta".
EliminarBoa cita a da mixta. É unha especie curiosa: en Ourense é moi rara e limitada a lagoas; na Terra Chá está no Miño e outros ríos anchos e de corrente lenta e no norte en encoros e lagoas. Moi variable no hábitat, en xeral. E tamén moi rara na súa distribución, con zonas onde é moi abondosa e noutras próximas onde non está presente.
ResponderEliminarRecolle ben estas citas que son moi interesantes!!
Apertas,
Martiño
Pois por Ferrol eche moi abondosa. En Setembro-Outubro é o unico odonato "garantizado" nos humidais da comarca, tanto no encoro como nos sistemas dunares ou nas áreas de marisma como A Frouxeira. Está literalmente ata na sopa. Por agora non teño cuadrículas novas da especie pero estarei atento.
Eliminar