venres, 16 de febreiro de 2018

Máis fotos destes días

A chuvia non deu tregua hoxe (a estas horas xa se recolleron 36 litros) e ninguén lembra a seca que padecimos en 2017 . Bon momento para estar ao quente na casiña e ver unhas fotos destes días:

 Foto 1

   Para que vexades a capacidade de recurte que ten esta cámara poño a toma orixinal e a recurtada.

 Foto 1 editada e recurtada

   Polo de agora non conquerín fotos boas de Mergullón real. Por certo, infórmame Juan Pita-Romero de que hai dous exemplares nestes momentos (ún estaba na Cabana o outro día).


 Mergullón real (Podiceps auritus)
Sony RX10 III (focal 220 mm)  ISO: 800  V: 1/160  F:4

   Os Corvos mariños reais xa mostran a plumaxe nupcial. O pantalán de Barallobre é un lugar estupendo para fotografalos. Co trípode a vida é máis doada.


 Corvo mariño real (Phalacrocorax carbo)
Sony RX10 III (focal 220 mm) ISO:400  V:1/80  F:5,6 (trípode)
 
  Por ser día laboral a ría estaba chea de mariscadoras e mariscadores, un oficio duro de verdade.

 Mariscadores e mariscadoras faenando

  E máis nada por hoxe. eapor alegrar un pouco este día tan gris.


1 comentario:

  1. Moito gosto do mergulhom real! A ver se aguanta até que adquira a plumagem nupcial... Abraço! Damián

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos