xoves, 17 de maio de 2018

Lagoa de Valdoviño, alerta ornitolóxica!

 Hai dez días falábamos de que o paso de limícolas, sendo interesante, amosaba unhas cifras moi cativas con respeito aos anos bós, aqueles en que se concentran por milleiros no areal da Frouxeira. Pero Maio aínda non rematou e quizá esteamos ás portas do paso forte, porque hoxe volvía darse un incremento moi chamativo de aves, logo de virar o vento outra ves a compoente nordés.

 Esta mañá , na compaña de Paco Girón e José Ramón Castro, censaba o seguinte:

- 19 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
- 139 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
- 34 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- 5 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
- 3 Biluricos claros (Tringa nebularia)
- 7 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 187 Pilros comúns (Calidris alpina)
- 14 Pilros grosos (Calidris canutus)
- 1 Pilro ferruxento (Calidris ferruginea)
- 385 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
- 18 Virapedras (Arenaria interpres)

 Aspecto do intermareal da lagoa

 Virapedras (Arenaria interpres) e outras limícolas

 Pilros tridáctilos (Calidris alba)

 Pilros grosos (Calidris canutus), na esquerda da imaxe

 Pilros tridáctilos (Calidris alba)

   Tamén segue aquí o Cullereiro anelado en Dinamarca que invernou na ría de Ferrol e agora leva unhas semanas na Frouxeira.

Cullereiro (Platalea leucorodia)

   Os números non son moi diferentes aos do pasado día 6 pero existe unha importante diferencia: corresponden á primeira das xornadas  de sedimentación típicas nunha situación de nordés, que adoita durar 4-5 días. Polo tanto algo me di que estamos ás portas dun paso moito máis potente.

  Asi pois, recomendo aos lectores e lectoras interesadas nas aves que visiten A Frouxeira nestes próximos días. Aínda que as datas tan avanzadas probábelmente farán que falten algunhas especies habitais máis típicas de finais de Abril o primeiros de Maio. Sen embargo é previsíbel unha sedimentación bastante grande até o domingo, de varios milleiros de aves seguramente.

  Iso si, ollo coas mareas. Como todo o mundo sabe (excepto a consellaría de Medio Ambiente e os seus adláteres) esta lagoa posúe influxo mareal durante parte do ano, debido á sua comunicación co mar. Polo tanto consultade o horario de mareas se queredes ver as limícolas cerca. O intermareal está nas mellores condicións despois da baixamar e até dúas horas antes da preamar, que hoxe foi ás seis da mañá (e ás seis da tarde, lóxicamente). Podedes consultar iso na páxina web de Meteogalicia.

 Insisto na recomendación, se queredes ver aves limícolas en plumaxe nupcial tedes unha cita na Frouxeira. Para calquer consulta ou recomendación estou á vosa disposición.

4 comentarios:

  1. A verdade que están con plumaxes preciosos. Haberá que voltar por alí estes días.
    Ben explicado Xabi.
    Paco Girón

    ResponderEliminar
  2. Hoy fue un gran día ,con una pequeña desilusión tuya de no poder haber avistado lo que tú sabías en Pantin,pero bueno aparte de eso un gran mañana,un saludo y haber otra salida antes de que marchen

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos