domingo, 21 de outubro de 2018

Unhas imaxes sen palabras

   Non estou hoxe con ánimo para escreber pero quería publicar algo novo porque quizá bote un tempo sen volver a subir nada. Así que poño unhas fotos atrasadas.


 Cerceta real (Anas crecca)  

Bando duns 45 Corvos mariños (Phalacrocorax carbo) no encoro das Forcadas

 Xunqueira do Belelle

 Desembocadura do Belelle coa igrexa de San Nicolás (Neda) de fondo

Bilurico claro (Tringa nebularia)

15 comentarios:

  1. Ogallá melloren as circunstancias, para que teñas mellor animo.
    Grazas por compartir as fotos.
    Unha aperta moi grande.
    Inés

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Mirando para as "circunstancias" externas difícilmente recuperarei o ánimo (pinta todo negro ou pior aínda). Pero a práctica regular da Yoga é unha arma moi poderosa. Estamos trabajando en ello, que diría o bigotes.

      Eliminar
  2. Ánimo Xabi. Ainda que seja mira por picafolhas ou estrelinhas polos parques de Ferrol. Umha aperta, Damián

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Até para isso Ferrol é umha cidade decadente, Damiám. Nada que ver com outras urbes que possúem parques dignos de tal nome ou de espaços naturais moi próximos.
      Igual é melhor re-converter o blogue num blogue culinário vegetariano. Quiçá tivesse éxito agora que está de moda o veganismo.

      Eliminar
  3. Xabi, todo acaba por pasar, o bon e o malo. Os que lemos o teu blogue agardamos pacientemente a que cambie o vento e teñas oportunidade de recuperar tempo, folgos e ilusión. Ánimo!

    Alexandre Justo

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non, se precisamente tempo, folgos e ilusión sigo a ter. O que me fai falta é outra cousa (alomenos mentras non decidan regalar o gasoil).
      Apertas, Alexandre.

      Eliminar
  4. Eu saín algún tempo a bichear en bici e teño algún colega que(con prismas e cámara)segue a sair.Outro fai censos parciais nela...a ornitoloxía de proximidade ten o seu punto,moitos días máis gratificante que facer centos de quilómetros.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pero nin ti nin os teus colegas vivides en Ferrol. Iso da bici vale para vilas pequenas, onde tes o campo a un paso, non para o Detroit galego. Porque Ferrol é exactamente iso a nivel paisaxístico, sobre todo logo da crise económica. Aquí hai que facer moitos quilómetros até chegar a un entorno medianamente interesante desde o ponto de vista medioambiental. Non temos nin entornos fluviais coma Lugo e Ourense, nin parques dignos de tal nome como Vigo ou Compostela, nin praias urbanas como A Coruña. Só decadencia industrial, urbanística e medioambiental, aínda que logo a publicidade e a prensa transmiten unha idea fantasiosa moi alonxada da realidade.

      Eliminar
  5. Home,Vigo pequena non é precisamente...outra opción é pasarse o traballo de "oficina",hai moito choio pendiente nese eido.
    Ante as adversidades supoño que é cuestión de reinventarse,que sinxelo é dicilo.

    ResponderEliminar
  6. Hai outras opcións como compartir carro c@s colegas,o transporte público,etc.Obviamente fan falta cartos pero sempre será(supoño)máis económico,e sobre todo,respetuoso co medio.

    ResponderEliminar
  7. Ánimo, Xabi. A ver se hai sorte (sempre fai falta para todo) e dalgún xeito se amaña o problema. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Se fose un "problema" só... Son varios frentes abertos, Álvaro. E sen solución a medio prazo.

      Eliminar
  8. Xa te vexo cambiando de traballo e de lugar de residencia. (Guiño, guiño)
    Eu é verdade que extraño á familia, pero que gusto da saír ao monte e non ver eucaliptos (aínda que por aqui teñen outros males, que das especies invasoras non se libra ninguén).
    Ás veces a vida da unha volta, asi que nunca se sabe onde podes acabar...
    Biquiños

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non é un problema de traballo, Inés. Teño un bon choio e un bon soldo. O problema son as responsabilidades e os gastos que teño a cargo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos