mércores, 24 de abril de 2019

Actividade de Hábitat este domingo na Frouxeira

  O vindeiro domingo de mañá o Grupo Naturalista Hábitat organiza unha visita á lagoa da Frouxeira, Valdoviño, que contará coa miña participación coma guía/monitor. Todas as persoas interesadas deben cubrir a ficha de inscrición que aparece na web (que vos enlacei) e onde tedes toda a información. Os beneficios desta actividade, encadrada na serie "Hábitat protexe" irán integramente para a Asociación Galega de Custodia do Territorio


  O prognóstico meteorolóxico anuncia un cambio para a tarde-noite do sábado, cando volverá unha situación de Norte-Nordés, máis favorábel para a observación ornitolóxica nesta época do ano. E a lagoa debera seguir aberta, xa con mareas menos intensas ca as destes días. Así que as circunstancias son boas para pasar unha mañá moi entretida. Pero lembrade que hai que inscreberse no formulario de inscrición da páxina web de Hábitat.

Estades todos e todas invitadas a participar.

2 comentarios:

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos