martes, 30 de abril de 2019

Alerta ornitolóxica!

Nestes momentos o vento, que sopra xa con certa forza, virou a Norte-Nordés e o prognóstico meteorolóxico anuncia que se manterá esta situación alomenos nos próximos catro días.



 As datas son as óptimas para a sedimentación de limícolas e outras acuáticas nos humidais litorais galegos pois é precisamente na primeira semana de Maio cando adoitan coincidir unha grande cuantidade de aves cunha alta variedade de especies.
   Vemos nos mapas que vai haber ventos fortes de compoente Norte na costa pontevedresa así que é probábel que a sedimentación aconteza primeiro nas localidades daquela zona até que amaine un pouco alí para que poidan continuar a migración até o Norte galego. Coma sempre non me canso de recomendar a visita á lagoa da Frouxeira para desfrutar - na miña opinión - ún dos maiores espectáculos ornitolóxicos de Galiza.



   Gardei dous días de vacacións para esta semi-ponte de Maio e tentarei informarvos diariamente de todo canto pase esta semana, aínda que estas cousas non son matemáticas. Cada ano é diferente e pode retrasarse un par de semanas ou case nin apreciarse en anos malos.




  Na excursión de Hábitat non tivemos moita sorte pero xa saben que eu estou á súa disposición (coma grupo ou a título individual) se volven por aquí. Se alguén máis quere consultarme ou que o acompañe na visita mellor que me escreba ao meu correo persoal (xabi.prieto@yahoo.es) e xa contactamos vía whatssap. En canto haxa novidades Bichos e demáis familia teravos debidamente informados e informadas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos