domingo, 5 de maio de 2019

Lagoa da Frouxeira, 5 de Maio: águia pescadora (Pandion haliaetus)

   Finalmente o prognóstico meteorolóxico non se cumpríu e apenas houbo unha tarde-noite (onte) con nordés forte, rolando xa esta mañá a compoente sueste. En consecuencia o paso foi ben cativo tanto en cuantidade coma en especies. Ademáis a partir desta segunda feira mudará o tempo coa entrada dunha borrasca, así que podemos dar por rematado este "pico migratorio".

  Hoxe a primeira hora as limícolas estaban case todas a descansar nas rochas da canle. Coa baixada do nível foron alimentarse na lagoa.

 Limícolas nas rochas da canle

  Nestes afloramentos rochosos onde descansan as aves resulta imposíbel contalas por falla de visibilidade. Pola contra é moi doado fotografalas de perto movéndonos con coidado pois adoitan estar bastante confiadas (se non aparece a peste canina para asustar todo, por suposto)

 Virapedras (Arenaria interpres) en primeiro termo

   As cifras mantíñanse arredor dunhas 600 limícolas en total (un 10-20 % das que hai un día de paso forte, para que vos fagades unha idea). Entre elas 4 virapedras (Arenaria interpres) e 23 mazaricos rubios (Limosa lapponica).


  Coma onte, para a sesión fotográfica empreguei a bridge "full frame": Sony RX10 III, que dá moita máis cualidade en tomas de grupo ou panorámicas.

 Pilros tridáctilos (Calidris alba)
Sony RX10 III focal 206  (560 mm)  ISO: 160  V: 1/800   F: 5,6

 Pilros (Calidirs spp) e píllaras (Charadrius hiaticula) en vóo

  Aínda que para fotos lonxanas bótase de menos o zoom brutal das bridge pequenas.

 Pilros comúns (Calidris alpina)
Sony RX10 III focal 220 (600 mm)  ISO: 100  V: 1/800   F: 4,5 

 Virapedras (Arenaria interpres) na dereita da imaxe
Sony RX10 III focal 220 (600 mm) ISO: 125  V: 1/800  F: 5,6

 Mazaricos rubios (Limosa lapponica)
Sony RX10 III focal 125 (340mm)   ISO: 100  V:1/800    F: 4,5

  Ademáis de limícolas tambén había 1 cullereiro (Platalea leucorodia), 2 cercetas albelas (Anas querquedula) e 1 águia pescadora (Pandion haliaetus), rapaz cada ano máis frecuente nos pasos.

Águia pescadora (Pandion haliaetus)

  As aguias pescadoras adultas teñen un alto índice de éxito nas suas procuras de caza nesta lagoa. Habitualmente logran captura nuns poucos minutos despois de chegar á lagoa, para marchar logo a un lugar apartado no monte, lonxe dos corvos e gaivotas, onde alimentarse tanquila. Por iso é importante madrugar se queremos velas.

  Na Frouxeira sempre hai cousas que ver, como vedes.

4 comentarios:

  1. Non irei a Valdoviño a ver o paso pero é un luxo terte a ti de enviado especial :).
    Cristina.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitas grazas Cristina. Quizá o luxo é ter A Frouxeira a só 20 min en coche da miña casa ;)

      Eliminar
  2. Saudos
    hoxe na marisma do Vao (Ons O Grove) uns 1500 alpina, 100 hiaticula, 5 canutus e algúns phaeopus e lapponica
    dos alpina 5 marcados dous nosos(Anduriña), 2 marcados en Dyfi estuary, Wales, UK. e un con solapa vermella e anel azul mariño debaixo a solapa, non sei se onde é, os asturianos marcan con solapa vermella pero o anel de cor vai enriba. Pode que ainda entren mais bichos apesares da climatoloxía, xa veremos....
    apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué pouquiña cousa tamén para o que é O Grove.
      A ver se para mediados de mes temos "chicha" en condicións.
      Apertas, Emilio

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos