sábado, 10 de agosto de 2019

Ría de Ferrol, visita de control 10/08/2019

Logo de varios días de vento de suroeste e chuvias pensei que sería boa idea pasarme pola ría a ver como estaba a cousa migratoria. Con tal fin realicei cinco paradas: Maniños, Barallobre, San Valentín, Neda I e Neda II.

Intermareal de Neda-Narón

Praia de San Valentín (Fene)

O máis salientábel foi:

  • 1 Ganso do Canadá (Branta canadensis). Seguramente un exemplar fuxido de colección ou casa particular (xa leva unhas semanas na ría)
  • 245+ Lavancos (Anas plathyrhynchos). O grupo principal en Neda foi contado só con binóculos e durante a baixamar
  • 11-15 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 2 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 2 Gaivotóns (Larus marinus). Agora xa sabemos que a especie é residente aquí
  • 13 Gaivotas de cabeza preta (Ichthyaetus melanocephalus)
  • 5 Carráns cristados (Sterna sandvicensis)
 Ganso do Canadá (Branta canadensis)

  A verdade é que esperaba atopar máis limícolas, logo desta meteoroloxía favorábel.

 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)

 Catro especies de gaivotas no intermareal

 Carrán cristado (Sterna sandvicensis) entre gaivotas

  E despídome cunha desas imaxes que valen máis que cen palabras:


  Obviarei a discusión que tiven coa típica mascoteira irracional que levaba CINCO cans soltos, dous deles enormes e tipo San Bernardo (esas trastornadas agora van todas pola "familia numerosa"). É unha guerra perdida e téñoo máis que asumido. Simplemente poño a foto porque algúns parece que seguen a vivir nunha realidade paralela e seguen erre que erre co discurso de que "tamén hai que poñer máis paneles informativos", como se iso tivese algo que ver co problema dos cans soltos!!
 En fin, hai que recoñecer que é unha postura paternalista, cómoda e políticamente correcta, pero me sangran os ollos cada vez que leo iso na prensa ou nalgún foro.

7 comentarios:

  1. Pois viches moitas cousas. Dos cans non digo nada porque sería redundar no mesmo.

    Por certo, con iso de estudar as opos...seica cambiaron o nome da gaivota de cabeza preta por Ichthyaetus melanocephalus. Que tocanarices somos os biólogos...

    Apertas,
    Inés

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Oído, barra. O de Chroicocephalus ridibundus xa o teño normallizado, pero o da cabecinegra aínda é moi novo para min. Procedo a corrixilo. Graciñas Inés.

      Eliminar
  2. Buenas, ojitorl con la trastornada. A mí una de ésas (afortunadamente hay muchas mujeres normales) casi llama a la policía local diciendo que la estaba «acosando» por recordarle lo del cartel, casi idéntico al de la foto.

    No solo se saben impunes, sino que te pueden denunciar por recordarles lo delincuentes que son.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pois deixa ver se non era a mesma (vestimenta sport/running, uns 35-40 anos e delgada). Porque a min soltoume tamén que se viña a policía me "denunciaba por amenazas". Por suposto eu educado (moi serio tamén) en todo momento, pero éstas, porque son tías o 90%, saben aproveitar tamén a lexislación actual que lles dá a razón por defecto encertas situaciós. Son un auténtico perigo.

      Eliminar
    2. Hola, no, era otra, pero cortada por el mismo patrón.

      Sabedoras de que, desde 2004, lo que es delito para nosotros, es falta para ellas y de que no hay presunción de inocencia para el hombre (la igualdad que quieren muchas, aunque no todas), le dan la vuelta a la situación y aprovechan que el hombre en este país, es inferior jurídica me hablando.

      Por eso te lo decía, cualquier situación en la que algunas (nunca generalizo) vean que están pilladas, te amenazan y pueden jorobarte la vida en un santiamén.

      A ese tipos de mujeres, muchas mascoteiras, les molesta hasta que te dirijas a ellas, por muy educado que seas.

      Saludos.

      Eliminar
  3. Non hai que falar cos incívicos (seres irracionais e moitas veces agresivos), senón chamar aos Policías Locais do Concello que sexa), dito por eles mesmos.

    Cada vez chama mais xente, antes non era o usual.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. O que di a policía local seino ben. O que fan, tamén (sexa en Neda, Ferrol ou Valdoviño). Só apareceron unha vez de todas as veces que os chamei e fora porque había cans asilvestrados perigosos (rotweiller entre eles) que se botaban á xente no aparcadoiro dunha praia. Neste caso de seguridade cidadá víronse obrigados, pero ¿por tema cívico/medioambiental? Xamáis. Proba un día, xa verás.
      Grazas por comentar, Iago.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos