venres, 27 de setembro de 2019

Bichos "vintage": SX50 vs EOS 450D + Tamron 150-600 (2ª parte)

 NOTA: Estes días non podo saír ao campo. Por aquilo de actualizar o blogue poño un post publicado orixinalmente en Decembro de 2014, convenientemente revisado

Comparativa SX50 vs EOS 450 + Tamron 150-600 (2ª parte)

   Semella que algún lector está especialmente interesado nesta comparativa que fixen o outro día (foi unha "frikada" que se me ocorreu naquela chuviosa mañá no Seixo). Pídeme Pablo Pita que poña fotos con máis resolución para apreciar mellor os matices e iso imos facer. Non vai ser a tamaño completo, pero recurtei as fotos (para que "pesaran" menos) e subinas cunha resolución máis alta de 1500 píxeis de ancho. Penso que chega ben para facerse unha idea.

  As dúas primeiras fotos están coa mesma ISO 400, aínda que a tomada coa reflex (foto 1) se disparou cunha velocidade máis rápida de 1/100 seg co que, teóricamente, mellora o enfoque traballando con estas focais e cun obxecto animado. Non sei por qué a foto bridge (foto 2) quedou con ese matiz maxenta que non fun quen de quitar nin editando o tono.

Foto 1
 450D + Tamron 150-600  ISO 400   V: 1/100 seg   F: 6,5

Foto 2
SX50   ISO 400  V: 1/60 seg   F: 6,5

   As seguintes xa se puideron tirar cunha sensibilidade máis axeitada (ISO 200 a reflex e 125 a bridge). En ambos casos con velocidade de disparo lentísima. A pesares do trípode é unha velocidade insuficiente para traballar con estas focais atn enormes. Xa dixen que a proba foi moi esixente para ambas máquinas. Insisto en que disparar a una ave ás tres da tarde un día de sol en Zamora ou Cádiz é moi doado porque podes usar velocidades rápidas para estes zooms pero facelo ás nove da mañá un día de inverno en Ferrol é outra cousa. Pensade que estaba a orballar sen parar e o sol apenas saíra un pouco por un horizonte completamente cuberto!

 Foto 3 
450D + Tamron 150-600  ISO 200   V: 1/60 seg   F: 6,3

Foto 4
SX50 (215 mm focal)  ISO 125   V: 1/50 seg   F: 6,5

   Persoalmente  creo que calquera dos rivais desta comparativa teñen unha relación cualidade-prezo simplemente incomparábel. Quen estea disposto a gastarse 3000 ou 4000 euros e a levar un armatoste de cinco quilos que te rebente as cervicais poderá disparar fotos mellores, sen dúbida. Pero estas livianas bridge é como levar unha piruleta.  Por certo, sorprendeume tamén o peso moi contenido deste obxectivo Tamron 150-600. Quizá a miña próxima compra fotográfica, dentro duns anos.

2 comentarios:

  1. Moi interesante Xabi!!! Esta claro que as bridge para paxarear son unha gran opción, pero xa sabes que eu son mais de reflex..., eso sí tes moita razón cargado vou cargado coma un burro

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Eu non diría "para paxarear". De feito para fotografar paseriformes unha reflex é sempre moitísimo mellor simplemente polo tema do enfoque. Falando con propiedade debería dicirse que as bridge son ideais para "fotografía naturalista", que é o que fago eu e a perspectiva desde a que dou as miñas opinións de usuario. Nese uso son tan, tan, tan superiores ás reflex que para min é que nin pode haber debate ningún. Da mesma forma para un fotógrafo serio ou profisional tampouco o hai e xamáis escollería unha compacta antes que unha reflex (ou unha "evil" desas).
      Vamos, que se queres pillar un cirrio pálido en vó e facer unhas fotazas coma as de Fernando Pereiras pois hai que ghastar os cartos. Pero se o bicho está parado ou se move a modo (como eses mergullóns de pescozo negro en Maniños) reflex e bridge ofrecen resultados moi parecidos. E estas fotos do post son boa mostra.
      Graciñas por comentar, Chicho.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos