sábado, 18 de xullo de 2020

Gaivoteando por Ferrol coa Nikon B700

  Teño varios roteiros polos que fago as miñas camiñadas diarias. Ún deles vai até o porto de Ferrol e dá volta pola enseada da Malata, que visitei hoxe sen maior pretensión que fotografar aves coa B700.

 Gaivotas no intermareal da Malata

  Desde hai semanas vense grupiños de gaivotas choronas "invernantes", chegadas desde as suas colonias fóra de Galiza. Esta mañá había unhas 60-70 na Malata, a maioría adultas en plumaxe nupcial incompleto ou en muda, mas tamén atopei unhas cantas xuvenís.


 Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus) coa plumaxe nupcial
Nikon B700 focal 1440 mm   ISO:280   V:1/500   F:6,5

 Gaivota chorona (Chroicocephalus riribundus) xoven do ano
Nikon B700 focal 1000 mm   ISO:160   V:1/640   F:5,6

 Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus) xuvenil


 Gaivota chorona xuvenil

Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus

 Vista desde o paseio peonil

 Desembocadura fluvial típica na ría

  Nestas alturas tamén podemos observar polos voantóns de patimarela, nacidos nos tellados dos edificios ferroláns e moi dependentes aínda dos adultos. De feito adoitan ir tras deles, piando como pitiños desvalidos e mortos de fame. Pouco a pouco irán afrontando a a sua independencia.

 Xoven de gaivota patimarela acosa adulto
 
  Por certo, estou a confirmar a baixa tasa de natalidade das patimarelas urbás de Ferrol, que xa comentaron outros colegas ornitólogos galegos. A maioría das parellas detectadas teñen só un polo, ou dous como moito (o normal é 2-3).

 Gaviota patimarela xuvenil

   Pode parecer que os adultos non lles fan caso pero aínda están moi pendentes deles. Esta parella detectou a miña presenza perto do seu pito e inmediatamente viñeron botarme dalí.

 Gaivotas patimarelas (Larus michahellis) con xoven voantón

  Ademáis das gaivotas andaban pola Malata 3 biluricos das rochas e varias garzas típicas. A Nikon B700 non ten a potencia descomunal da P1000 nin a calidade extraordinaria da Sony RX10 pero cumpre ben ante calquer situación. E o máis importante para min nestes momentos: NON PESA!

Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)

  Ademáis sigue fascinándome o marxe de mellora que teñen os seus RAW (un marxe que aínda non controlo ben). Podes reducir ruido, aumentar enfoque ou compensar luces e sombras sen medo ningún que nunca te pasas. Un aspecto moi importante para mellorar as fotos e que noutras bridge que probei resulta moito máis limitado.

 Garzota (Egretta garzetta)

Garza real (Ardea cinerea)
Nikon B700 focal 1440 mm  ISO:100   V:1/400   F:7,1

  Ben, pois así remata o paseio de hoxe. 

2 comentarios:

  1. Tucho el de Oleiros me digo una vez que en la malata podías llevarte sorpresa con alguna gaviota,pues alguna esta anillada y puede ser noruegas,inglesas,etc.Te lo digo por si te interesa, un buen lugar para y se ve también Reyezuelo listado que yo lo vi pero no pude fotografiar en el aparcamiento del Estadio de fútbol.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, pero lembra que eu hai meses que non uso telescopio (por non carregar co peso do trípode), así que difícilmente me fixarei nas anelas. A estreliña riscada é común por aló, certamente. Pillala ben cunha bridge xa son palabras maiores.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos