sábado, 11 de setembro de 2021

Censo de control no encoro das Forcadas (Valdoviño) e Calidris melanotos en Covas (Ferrol)

 Esta mañá facía unha nova visita ao encoro das Forcadas na que censaba a cada ano máis cativa comunidade de acuáticas. Se queredes ver a lista de aves completa podedes consultar este enlace de ebird:  https://ebird.org/checklist/S94487237 

Imos directamente co resultado das acuáticas:

  • 22 Lavancos (Anas platyrhynchos)
  • 15 Cercetas reais (Anas crecca)
  • 19+ Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Importante declinio da sp neste humidal, comparado con anos atrás: 64 ex censados o 15/09/2002, 84 ex o 10/09/2005 ou 89 ex o 27/09/2006. Agora coñezo moito mellor o encoro e teño máis experiencia pero aínda así saen cifras alarmantemente menores.
  • 5 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus)
  • 8 Galiñas de río (Gallinula chloropus). Maioría (ou todas) exemplares novos. Seguimos sen novas da galiñola negra (Fulica atra).
  • 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 2 Biluricos alinegros (Tringa ochropus)
  • 5 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 7 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 1 Garza vermella (Ardea purpurea) xuvenil
  • 3 Picapeixes (Alcedo atthis)

Cercetas reais (Anas crecca)

Galiña de río (Gallinula chloropus) xoven

Galiña de río (Gallinula chloropus)

Garza vermella (Ardea purpurea) xoven

   Ademáis das acuáticas podemos salientar a abondancia de papamoscas negros (Ficedula hypolueca) e picafollas cantores (Phylloscopus trochilus), 1 Papamoscas cincento (Muscicapa striata) e 1 colirrubio de testa branca (Phoenicurus phoenicurus). O papamoscas cincento estaba moi agresivo cun papamoscas negro, ao que botaba constantemente cando se pousaba perto del.

Papamoscas negro (Ficedula hypoleuca)

Papamoscas cincento (Muscicapa striata)

  Nestas alturas hai unha morea de libeliñas voando sobre as augas do encoro e nas súas ribeiras, sendo especialmente visíbeis os Sympetrum spp, as numerosas Anax imperator e as máis abondosas aínda Aeshna mixta, quizá o odonato máis doadamente observábel no encoro.

Libeliña de Outono (Aeshna mixta), macho
Sony G7 + 100-300 mm  ISO:640   V:1/800   F:5,6

Libeliña de outono en vóo
Sony G7 + 100-300 mm  ISO:500  V:1/400  F:5,6

Parella de libeliñas de outono copulando
Sony G7 + 100-300 mm  ISO:640   V:1/400   F:7,1

Xunqueiras de espadana (Typha latifolia) na cola de Vilaboa

Cambiando de tema, comentar que esta semana atopouse un pilro peitoral (Calidris melanotos) na pequena praia do Vilar, Covas (Ferrol). Non puiden evista achegarme por aló antontes para fotografalo e, de paso, tamén outras limícolas que se alimentaban xunto con el, como por exemplo un grupiño de 4 pilros pequenos (Calidris minuta).

Pilro peitoral (Calidris melanotos)

Pilro peitoral (Calidris melanotos)

  Ao melanotos vino brevemente e só puiden tirar fotos testemuñais, igual que cos inquedos minuta. NA verdade é que botei de menos unha das Nikon (B700 ou P1000), que nestes casos de aves pequenas a media distancia van moi ben. Como xa comentei, a idea é comprar máis adiante o 100-400 (equivalente a un 200-800 mm) para a G7. Non hai presa.

Pilro pequeno (Calidris minuta)

Pilro pequeno (Calidris minuta)

  Despois da experiencia co Calidris pusilla en 2013 na na Frouxeira aprendín o importante que é ollar ben a base dos dedos das patas e a forma do peteiro para distinguir ambas spp, moi semellantes polo demáis.

Pilro pequeno (Calidris minuta)

Pilro pequeno (Calidris minuta)

   Terminamos cun mazarico chiador inusualmente manso que me permitíu afotalo a pracer.

Mazarico chiador (Numenius phaeopus)

Mazarico chiador (Numenius phaeopus)
Sony G7 + 100-300 mm  ISO:500   V:1/500   F:5,6

Vémonos na próxima entrada.

4 comentarios:

  1. Un bonito post de la forcadas.Y si hay que estar pendientes que hay mucha pajarada en migración.Yo hoy en Valdoviño 1 aguja colinegra , dos agujas colipintas y un pechiazul muy tranquilos y dejándose acerca bastante sin asustarlas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. E moi boa época para Valdovo. Dalle recordos da miña parte e se che pregunta por min dille que non podo ir porque estou sen carro, por exemplo.

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Graciñas, Mari. Esta visita si que non a esperaba. Agradécese especialmente.
      Un bico.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos