domingo, 28 de novembro de 2021

Ría de Ortigueira, 27-Nov-2021, algunhas cifras

   Onte facía un novo censo de control na ría de Ortigueira, moi condicionado polo mal tempo (vento forte do Norte e chuvias intermitentes).

Paisaxe desde San Clodio en plena saraibada

  Entre chaparrón e chaparrón puiden contar as seguintes especies:
  • Os 5 gansos biquicurtos (Anser brachyrrhynchus), que seguen presentes
  • 600-700 Asubiadores (Mareca penelope). Só contei o grupo de San Clodio: 377 ex
  • 1 Pato cristado (Aythya fuligula), moi lonxe
  • 7 Pentumeiros (Melanitta nigra)
  • 167 Gabitas (Haematopus ostralegus)
  • 463 Mazaricos reais (Numeinus arquata)
  • 72 Biluricos comúns (Tringa totanus)
  • 1010 Pilros comúns (Calidris alpina). Fixen varios conteos, dese moi lonxe, no Cavalar. O máis preciso deume esta cifra, moi boa e que consolida a recuperación da especie logo duns anos moi frouxos nas décadas de 2000-2010.
  • 46 Cullereiros (Platalea leucorodia). Quizá había 6 ex máis.
  • 14 Garzas boieiras (Bubulcus ibis) acompañando gando á saída de Ortigueira
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus) de campeo por San Clodio-Cuíña
  • Muitos tordos malvises (Turdus iliacus) por todas partes: 40 en Ladrido, 20 No Cavalar, 30 en San Clodio e 170 na enseada de Esteiro. Seguramente as fortes nevaradas nos bosques cantábricos de montaña desta semana tiveron moito que ver con esta irrupción.
Gansos bicocurtos (Anser brachyrrhynchus)


  Os gansos bicocurtos seguen a ser a especie "estrela" da ría estes días. Onte puiden afotalos a pracer mentras descansaban coa preamar.

Gansos bicocurtos (Anser brachyrrhynchus). Distancia: uns 100 m aprox
Nikon P1000 focal 2600 mm   ISO:280   V:1/500   F:7,1

Pentumeiros (Melanitta nigra)

Gabitas (Haematopus ostralegus)

Concentración de pilros comúns (Calidris alpina), en segundo plano

Pilros comúns (Calidris alpina) en voo

Biluricos comús (Tringa totanus)

Biluricos comúns (Tringa totanus)
Panasonic G7 + 100-300 mm   ISO:4000   V:1/320   F:5,6

 As garzas boieiras son xa parte da paisaxehabitual nestas terras do estremo norte peninsular. Se mo din hai vinte anos...

Garzas boieiras (Bubulcus ibis) xunto a gado vacún


Garza boieira (Bubulcus ibis)
Panasonic G7 + 100-300 mm   ISO:1250   V:1/200   F:5,6

Dúas "galiñas"

Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus), femia
Panasonic G7 + 100-300 mm  ISO:200   V:1/640   F:5,6

Tordo malvís (Turdus iliacus)

Carrizo (Troglodytes troglodytes) en pradeira salgada de Halimione portulacoides

  Comeza a invernada e a ría de Ortigueira (ría do Mera, que dirían os asturianos), convértese na localidade top polo norte galego. Calquera visita será ben recompensada.


Gansos bicocurtos (Anser brachyrrhynchus)

3 comentarios:

  1. Ha, ha, ha! Esa retranca... ;)
    Moi guapos os bicocurtos. Parece que hai moita entrada deles este ano. En Ribadeo un, xa sabes.
    Pero o que mais me impresiona son esas cifras de asubiadores, mazaricos, ou pilros. Qué barbaridade!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Xa que sacas o tema, sorprendeume que non interviras na publicación sobre Ribadeo que fixen no Facebook. Víchela?

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos