domingo, 23 de xaneiro de 2022

Lagoa da Frouxeira, censo completo 23 - 01 - 2022

 Hoxe fun á ría de Cedeira para botar unha mao co censo de águia pescadora (coordenado pola SGO en Galiza).  Aproveitando que pasaba por alí achegueime antes á lagoa da Frouxeira, bastante tranquila a primeira hora da mañá. 

Anatídeas na lagoa da Frouxeira, Valdoviño (A Coruña)

  A lagoa está aberta, en óptimas condicións para a sedimentación, alimentación e repouso das aves.

Grupo de galiñolas (Fulica atra)

Nela puiden facer un censo case completo das súas acuáticas, que enumero de seguido:

  • 2 Cisnes mudos (Cygnus olor). Especie moi fotoxénica mas invasora
  • 4 Patos culler (Spatula clypeata)
  • 167 Frisados (Mareca strepera)
  • 3 Asubiadores (Mareca penelope)
  • 434 Alavancos (Anas platyrhynchos). Cando estaba a realizar o conteo máis preciso houbo unha espantada. Penso que había arredor de 500 ex.
  • 128 Cercetas reais (Anas crecca)
  • 3 Patos chupóns (Aythya ferina). Pareceume ver tamén un pato de colar (Aythya collaris) mas finalmente resultou ser unha "galiña": un joyuyo deses do demonio.
  • 104 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). Censo moi preciso, se acaso 5-10 ex máis
  • 80 Galiñolas (Fulica atra)
  • 0 Galiñas de río (Gallinula chloropus)
  • 0 Rascóns (Rallus aquaticus) detectados
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 95 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • Gaivotas comúns (Larus michahellis/fuscus)
  • + Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 9 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 5 Garzotas (Egretta garzetta)
  • 9 Cullereiros (Platalea leucorodia)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus). Ao principio semellaba femia. Ollando as fotos aprécianse indicios dun ton cincento nas secundarias e na cola. Quizá era un macho subadulto (ou dous bichos diferentes, vaia).
 Durante o tempo que botei a censar colleume o frío (no paseo peonil tardan moito en chegar os raios do sol por culpa do monte de Valdoviño).  Xa cos dedos conxelados tentei sacar unhas fotos para ilustrar a entrada.


Grupo de mergullóns (Tachybaptus ruficollis)

Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)

 Como non son moita cousa engado imaxes de arquivo para completar a entrada. Pertencen ás dúas anatídeas máis abondosas logo do alavanco.

Parella de pato frisado (Mareca strepera)
Canon SX60 (focal 1000 mm)   ISO:160   V:1/640   F:7,1

Pato frisado (Mareca strepera), macho
Nikon P1000  (focal 2000 mm)    ISO:125   V:1/500    F:6,3

Cercetas reais (Anas crecca)

Cercetas reais (Anas crecca)
Nikon P1000 (focal 1500 mm)    ISO:720   V:1/320   F:5,6

Cerceta real (Anas crecca) macho
Nikon B700 (focal 1440 mm)   ISO:100   V:1/400   F:6,5

 Bon, apañei moito frío esta mañá mas pagou a pena. Agora case non vou á lagoa e cómpre aproveitar ben cada visita.

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Na realidade o problema coas bridge é que a luz sexa "dura", como é a habitual nun mediodía de sol, digamos. Nesas circunstancias os sensores pequenos con un rango dinámico tan cativo sufren tanto como José Ramón nun restaurante vegano.
      Un abrazo.

      Eliminar
  2. Que fotos chulas, normalmente en xaneiro a luz é máis mortecina... Unha aperta crack, Cosme Damián Romay

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos