domingo, 2 de xaneiro de 2022

Visita de control ao encoro das Forcadas (Valdoviño)

 O encoro das Forcadas, en Valdoviño (A Coruña), mantén nestes momentos un nível hídrico bastante baixo. Algo moi inusual nestas alturas. Os días 30 de Decembro e 2 de Xaneiro visiteino para ver cómo estaba a súa comunidade de aves acuáticas. Poño o máis salientábel do que vin:

  • 34 Alavancos (Anas platyrhynchos)
  • Cercetas reais (Anas crecca). Contei 34 o día 30 mas hoxe había unhas 80. Con bastante probabilidade a metade eran exemplares "emprestados" da Frouxeira. Cando na lagoa sobe o nível de auga moitas anátidas fuxen cara o encoro.
  • 21+ Patos chupóns (Aythya ferina). Penso que tamén son os que había na lagoa da Frouxeira días pasados. O movimento de patos entre lagoa e encoro é moi frecuente debido aos cambios de nível hídrico. Antigamente acontecían tamén por motivos cinexéticos.
  • 2 Patos cristados (Aythya fuligula
  • 1 Pato cristado americán (Aythya collaris) observado hoxe. Ha ser tamén o visto na lagoa días pasados
  • 5+ Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis). 
  • 28-35 Mergullóns cirstados (Podiceps cristatus)
  • 1 Bilurico alinegro (Tringa ochropus). Semella que a especie está consolidada coma invernante habitual.
  • 45 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 2 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 5+ Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo)
  • 1 Picapeixe (Alcedo atthis)

Patos chupóns (Aythya ferina) e cristado americán (Aythya collaris)

Cercetas reais (Anas crecca)

 Como digo, o bilurico alinegro é xa invernante habitual neste encoro. No ano 2016-2017 ficou a invernar por primeira vez esta limícola tan habitual no paso de verao e cada vez máis frecuente de inverno, sobretodo en encoros e humidais de interior peninsulares.

Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

Bilurico alinegro (Tringa ochropus)

   De surpresa podemos cualificar o achádego de 7+ lavacús estriados na ponte do Pereiro, perto de Vilaboa, o pasado día 30. Por suposto subín a cita á plataforma Observado

Lavacú estriado (Sympetrum striolatum)

  E con este post rematamos a serie de visitas que puiden facer nestas miniferias de Natal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos