mércores, 30 de marzo de 2022

Bichos "vintage": en Bretocino (Zamora), Maio 2021

   Entrada publicada orixinalmente en maio de 2021

Como aperitivo do que viría depois, o domingo visitamos dous lugares con ecosistemas de monte mediterránico. Por unha banda o montado de Castronuevo, unha dehesa de aciñeiras moi cultivada de cereal.

Montado de Castronuevo
Nikon P1000 focal 28 mm   ISO:125   V:1/320   F:6,3

 Seguía a soprar vento forte e non era unha hora boa para a observación. Aínda así tivemos a sorte de ollar 4 pombos pequenos (Columba oenas), ave moi fuxidía e difícil de fotografar.

Pombos pequenos (Columba oenas)

 Antes pasamos polos montes de Bretocino, nas abas do río Esla. Un lugar marabilloso onde se respira unha sorprendente tranquilidade. A floración da esteva (Cistus ladanifer) estaba no seu máximo e o branco cobría toda a ladeira de solaina.

Río Esla, con estevas en primeiro plano
Sony RX10 III focal 50 mm  ISO:160   V:1/320   F:6,3

    A primeira sensación ao sairmos do carro foi o cheiro, que impacta cando chegas do norte: lavanda, tomiño, estevas, romeu,... O monte mediterránico desfrútase visual e olfactivamente.                                                                                                                                 
Montes de Bretocino

  Con vento forte os paxaros recóllense nas pólas interiores das árbores e resultan máis difíceis de observar e fotografar. A luz dura do meiodía non axudaba tampouco.

Picanzo cabecirrubio (Lanius senator)

Picanzo cabecirrubio (Lanius senator)
Mikon P1000 focal 2600 mm   ISO:360   V:1/400   F:7,1
 
Ademáis das especies habituais, cada visita a Bretocino ten un protagonista destacado: a escribenta das hortas, ave moi rara, de distribuición moi limitada na Galiza e aínda por riba moi tímida.

Escribenta das hortas (Emberiza hortulana) macho

  A pesares da luz horríbel e do vento constante puidemos tomar algumha imaxe decente da especie. O mellor nestes casos e ficar en silencio ao pé dunha aciñeira que disimule a nosa presenza e esperar.

Escribenta das hortas (Emberiza hortulana)
Nikon P1000 focal 2000 mm   ISO:250   V:1/200  F:6,3


 Esta escribenta por si soa xa xustificaba o esforzo do desprazamento até o Esla.

Escribenta das hortas (Emberiza hortulana)
Nikon P1000 focal 2000 mm   ISO:200    V:1/400    F:6,3

Co tempo tan despacíbel eran poucos os répteis ou insectos activos. Unha solitaria lagartixa rabilonga asomaba tímidamente para termorregularse nun lugar protexido do vento.

Lagartixa rabilonga (Psammodromus algirus)

  Baixo unha pedra atopábamos un alacrán.

Alacrán común (Buthus alius)
Sony RX10 III focal 600 mm  ISO:100   V:1/250   F:5,6

 E con isto rematamos esta segunda entrega da miniserie sobre Zamora. 

4 comentarios:

  1. Os Buthus do noroeste ibérico serían Buthus halius. Hai bastante cristo coas diferentes especies e xa hai unhas 10 especies descritas de Buthus para a Península Ibérica e probablemente haxa algunhas máis.
    Apertas,
    Martiño

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas. En canto teña tempo xa modifico o texto (agora espero unha visita e ando apurado).
      Apertas.

      Eliminar
  2. Boas!
    Pois agora están descritas 12 especies de Buthus, aínda que nunha publicación dunha revista francesa (creo) citaban 16. Aínda así as poboacións do NO aínda quedan por estudar en profundidade, polo que no futuro poden aparecer máis...
    Un saúdo,
    David.

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos