mércores, 15 de xuño de 2022

...e tempo de crianza tamén.

   A estación reprodutora das aves está no seu máximo nestas alturas. Por iso na maioría das nosas observacións poderemos engadir algún dos códigos de cría que se empregan na literatura científica. Por exemplo, un carrizo portando un saco fecal dos polos significa "cría confirmada".

Carrizo (Troglodytes troglodytes) cambiando o cueiro ao polo
Panasonic G7 + 100-300 mm   ISO:5000   V:1/200    F:5,6

  Unha parella de picanzos vermellos ocupando hábitat de cría en datas válidas implica "cría probábel". Nun transecto de aproximadamente 500 m liñais atopei 2 machos territoriais e mais a parella que sae nas fotografías.

Picanzo vermello (Lanius collurio) fémea

Picanzo vermello (Lanius collurio) macho

   O avistamento dun falcón pequeno en hábitat e datas apropiadas considérase coma "cría posíbel". Algo que xa ten mérito tratándose dunha rapina (a zona é moi pobre neste grupo de aves). Aínda non eran as sete da mañá do sábado e o ceo estaba completamente cuberto así que a luz era moi escasa. 

Falcón pequeno (Falco subbuteo) adulto. Distancia: uns 120 m (imaxe moi recurtada)
Panasonic G7 + 100-300 mm   ISO:6400   V:1/320   F:5,6

  Engado fotos doutras especies que aínda son comúns, tal como indican os seus nomes galegos. 

Tordo común (Turdus philomelos)

Tordo común (Turdus philomelos)
Panasonic G7 100-300 mm  ISO:1000   V:1/200    F:5,6

Pardal común (Passer domesticus)
Panasonic G7 100-300 mm  ISO:1250   V:1/400    F:5,6


Paisaxes de Moeche

 Hai pouco descobrín que os comedeiros que poñen para alimentar aos becerros son moi visitados por diferentes paseriformes, especialmente polo pimpín común.

Cebadeiro para becerros

  Puiden fotografar un macho de pimpín mentras comía o pienso recollido alí.

Pimpín común (Fringilla coelebs)

Pimpín común (Fringilla coelebs) macho
Panasonic G7 + 100-300 mm   ISO:640    V:1/250    F:5,6

  E cando nos deamos conta xa teremos por aquí os primeiros migrantes de "outono", coma os bonitos xuvenís de gaivota chorona ou diferentes limícolas de cedo. E así terminamos por hoxe.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos