sábado, 17 de decembro de 2022

Olympus OM-1, agora si!

 Logo de varias saídas bastante pobres hoxe por fin puiden desfrutar en serio a OM-1. Foi na ría de Ortigueira, que visitei acompañado por María de los Ángeles Lago e José Ramón Castro. Non porei números de censos porque só me adiquei a tirar fotos (xa haberá días para censar). Case todas as imaxes están algo ou bastante recurtadas. Primeiro tomas de paisaxe ou grupo, co zoom a 100-200 mm (200-400 mm equivalentes).


Patos asubiadores comúns (Mareca penelope)

Patos asubiadores comúns (Mareca penelope)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:1250   V:1/400   F:6,3

   Se tivese tomado esta foto cunha das miñas bridge todos os asubiadores sairían focados.  Ao dispór dun sensor moito maior (4/3") xa aparece un desenfoco interesante con diafragma aberto (F:6,3).

Patos asubiadores comúns
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:500   V:1/320   F:6,3

  As seguintes tres fotos non fan moita proba porque as condicións eran malas.

Garzas e biluricos claros

Avefrías choromicas (Vanellus vanellus)

Gaivotas canas, choronas e píllaras douradas europeas

 Agora poño imaxes tomadas con aves a curta distancia, por fin. Comecei cunha velocidade de obturación media: 1/125 segundo, a pulso.

Biluricos comúns (Tringa totanus) e pilro (Calidris alpina)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:500   V:1/125   F:6,3

 Probando a estabilización da imaxe fun baixando a velocidade, logrando fotos con cero trepidación.

Biluricos comúns (Tringa totanus) e pilro (Calidris alpina)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:320   V:1/60  F:6,3

 Até chegar a un valor de só 1/40 seg! nun disparo a focal 260 mm (520 mm equivalentes). A pulso e sen trepidación nengunha. Desde logo o famoso estabilizador de cinco eixos ofrece o que promete. Diría que é o mellor estabilizador que probei xunto ao da Nikon P1000.

Biluricos comúns (Tringa totanus) e pilro (Calidris alpina)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:200   V:1/40   F:6,3

Pilro común (Calidris alpina)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm  ISO:200   V:1/60   F:6,3

 E aquí remata esta nova toma de contacto coa marabillosa OM-1. Qué ganas de facer a seguinte!!

2 comentarios:

  1. Vaia pracer de fotos, e ainda estaras trasteando pero permite unha felicitación dun que non saiu de facer fotos co movil.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Graciñas, Antón. A verdade é que logo de dez anos traballando con humildes cámaras bridge sabes aproveitar cando tes máquina. Cando era moteiro pasoume igual. Botei tempo con unha Vespa ou unha Kawa Vulcan 500; logo collín a Superteneré 750 e voaba ao ritmo das superbikes en estradas de curvas. Non é un mal símil.
      Grazas pola visita.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos