xoves, 12 de xaneiro de 2023

Última hora: avistado de novo ZHJ8

    O sábado 7 de xaneiro Juan Gómez Escariz fotografaba en Ares ao polo de gaivotón (Larus marinus) nacido e anelado como ZHJ8 no estaleiro de Navantia-Ferrol en 2021. Un polo que no seu momento bauticei como Susiño e, posteriormente, Susi, pois un día que voaba xunto ao pai deume a sensación de que era lixeiramente menor, como acontece nas femias dos láridos.

Gaivotón (Larus marinus) de 2º invierno
Foto: Juan Gómez Escariz

  Polo visto semella que Susi ten querencia pola praia de Ares, un espazo natural que conta cunha pequena pero interesante comunidade de limícolas invernantes. Por desgraza esa praia está completamente mascotizada, motivo polo que eu nunca vou alí.

  Supoño que preguntaredes por qué non falo dos polos nacidos en 2022, aos que tamén se intentou anelar nunha xornada moi accidentada. Tan accidentada que houbo algunha vítima, debido ao perigoso do peirao onde estaba o niño, moi estreito e con paredes completamente verticais, sen posibilidade de acesso no caso de que os polos caian á auga. Isto, xunto coa perda de tres polos de patimarela en 2021 durante unha visita de control causoume unha fonda preocupación. Tanto que estou a reconsiderar seriamente calquer novo intento de anelamento, debido aos riscos tan grandes que hai de caída dos polos ao mar en calquer visita. Eu son o máis interesado en coñecer os movimentos dos "meus" gaivotóns, pero supoño que a veces hai que escoller entre ética e ciencia.

1 comentario:

  1. Que boa nova! Longa vida a Susi! E polo dos eventuais anelamentos, se está claro que se quere averiguar e hai un protocolo claro de actuación para antes, durante e despois do anelamento, pois avante. Apertas, Damián

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos