sábado, 29 de abril de 2023

O mundo a través do "microscópio"

   Sigo a provar os tubos de extenssom acoplados ao Zuiko 100-400 mm. E sigo a padecer o efecto do vento, un meteoro que dificulta grandemente a fotografia "macro" (custa mais colher foco e cómpre subir a velocidade polo movimento da pranta).

Flor de borraxa brava (Echium plantagineum) Fam. Boraginaceae
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm (200 mm equiv)  ISO:1250   V:1/400   F:8

  Estou a fazer tomas a diferentes distáncias focais, que permitem achegar-se mais ou menos ao objecto. O resultado na pantalha vém a ser o mesmo em quanto a aumento. Porém coa focal mínima podemos abrir até F:5, valor que fica em F:6,3 coa focal a 400 mm.

Flor de Trifolium pratense (Fam. Fabaceae)
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm (200 mm equiv)  ISO:250   V:1/400   F:5

Flor de Trifolium pratense (Fam. Fabaceae)
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 400 mm (800 mm equiv)  ISO:320   V:1/400   F:6,3

Eiruga de bolboreta (Depressaria daucella)
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 400 mm  ISO:320   V:1/400   F:6,3

  Coma dixem, o vento está a dificultar que faga as provas com parámetros óptimos. Ainda assi os resultados que vou vendo som fantásticos. Por vezes semelha que estou a usar um objectivo propiamente macro em vez dum super-teleobjectivo desenhado para fotografar a longa distáncia.

Pollenia sp (Fam. Polleniidae)
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm  ISO:250   V:1/640   F:5,6 

Escaravelho crisomélido (Chrysolina bankii) Fam. Chrysomelidae
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm   ISO:640   V:1/640   F:6,3

    Quase todas as fotos fórom tomadas sobre flores de pé de boi (Oenanthe crocata), umbelífera moi avondosa na comarca de Ferrol. 

Aranha caranguejo (Misumena vatia) com mosca capturada
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 400 mm ISO:320   V:1/320   F:8

Aranha caranguejo (Misumena vatia)
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm  ISO:320   V:1/320   F:8

  Havia moitos anos que nom atopava um escaravelho "click", chamados assi porque o seu pronoto junto cos élitros forma um resorte que lhes permite saír disparados se ficam de costas no chao. Coa ajuda de Observado e da guia de coleópteros de Zahradník averiguei que se trata dum Agrypnus sp, género que tem várias especies semelhantes.

Escaravelho click (Agrypnus murina/punctata/lepidoptera) Fam. Elateridae
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm (200 mm equiv)  ISO:640   V:1/400   F:7,1

Escaravelho click (Agrypnus murina/punctata/lepidoptera) Fam. Elateridae
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 100 mm   ISO:640   V:1/400   F:7,1

     Mentras o fotografava decidíu que já era hora de saír a voar. Deu tempo a umha última foto.

Escaravelho click (Agrypnus murina/punctata/lepidoptera) Fam. Elateridae
OM-1 + tubos (10+26 mm) + Zuiko focal 400 mm   ISO:500   V:1/500   F:7,1

   Rematamos a entrada com duas images deste sírfido que voava emtre as umbelíferas. Recurtando um pouco as images quedam moi bem na pantalha do computador.

Sírfido (Sphaerophoria sp) Fam. Syrphidae
OM-1 + aneis extenssom (10+26 mm) + Zuiko a 100 mm    ISO: 320   V:1/500   F:5

Sírfido (Sphaerophoria sp) Fam. Syrphidae
OM-1 + aneis extenssom (10+26 mm) + Zuiko a 100 mm    ISO: 400   V:1/500   F:58

  E agora já podemos saír do nosso "pequeno mundo", que diria um amigo, para retornar ao macromundo habitual. Vémo-nos na próxima entrada!

6 comentarios:

  1. Respostas
    1. Grazas, Monse. O máis flipante é que as fotos están tomadas cun obxectivo deseñado para afotar mazaricos a 100 m na ría de Ortigueira. Cun obxectivo macro quedarían moito mellor evidentemente, pero ese macro non valería para nada máis. Este cacharro serve para lonxe e para cerca, como as lentes progresivas, haha..

      Eliminar
  2. Respostas
    1. Desde logo. É como ter un Ferrari que ademáis podes meter polo monte igual que un 4X4. Tal cual.

      Eliminar
  3. Saudos
    creo que se trata de Depressaria daucella, moi común en Oenathe crocata, non sei si trabuches a especie de umbelífera. Oenanthe crocata é común en zonas húmidas sobre todo nos bordes, as eirugas de Drepessaria daucella aparecen cando moitas aves teñen polos pequenos, teño visto varias especies de aves collendo destas eirugas para cebas, entre elas E.s.lusitanica. A eiruga mais tarde baixa da flor e fura o tallo para meterse dentro e facer a metamorfose. Tamén teño visto a palustres e outras aves rompendo os tallos para pillar as pupas. En todos os humidas con presenza actual ou histórica de lusitanica tanto en Galicia como en Portugal aparece esta especie que curiosamente non está presente onde se reproduce Witherbyi.
    apertas

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas, Emilio. O nome da pranta pregunteillo a un colega afeizoado á botánica pero debeu trabucarse cando lle mostrei as fotos por whatssap. Ollando a guía de prantas penso que tes razón en que se trata da "Oenanthe" (non esquecerei o nome, haha). Respeito da eiruga xa anoto no pé de foto.
      E moi curioso iso que contas da Drepessaria daucella e da escribenta. És unha auténtica enciclopedia. Con seguidores así dá gosto publicar.
      Un abrazo, monstro.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos