xoves, 18 de maio de 2023

Censo de acuáticas na lagoa da Frouseira 17/05/2023

    Levamos días con circulación de nordés e iso no mes de maio significa limícolas, que sedimentan nos humidais galegos durante uns días ata que amaina ese vento desfavorábel. Onte achegábame á lagoa de Valdoviño para realizar un censo completo de acuáticas na compaña de José Ramón Castro (hoxe facía outra visita moi breve).

Intermareal cheo de limícolas

  Como sucede a estas alturas de mes había moi poucas especies grandes tipo mazaricos, fuselos ou biluricos pero si boas cifras das especies pequenas. Imos cos números, e cos novos nomes galegos das aves (algún ainda me soa moi raro pero haberá que afacerse a eles). Que conste que son cifras de onte, pois hoxe había maior cantidade. 

  • 1 Cisne mudo (Cygnus cygnus) *
  • 2 Cercetas do estío (Spatula querquedula). Parella
  • 37 Patos cincentos (Mareca strepera)
  • 209 Lavancos reais (Anas platyrhynchos), sen incluir pitos
  • 1 Pato cristado (Aythya fuligula) macho
  • 14 Merguilletes comúns (Tachybaptus ruficollis)
  • 4 Galos de auga (Fulica atra)

Cerceta do estío (Spatula querquedula) macho (Foto: J.R. Castro)
Nikon P1000  focal 1500 mm   ISO:400   V:1/400    F:7,1

Parella de cercetas do estío

Pato cincento (Mareca strepera)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO: 1250  V:1/400   F:6,3

Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)

Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola) e limis spp

Virapedras comúns (Arenaria interpres) na ribeira da lagoa

Virapedras (Arenaria interpres)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO: 640   V:1/250    F:8

  • 44 Píllaras cincentas (Pluvialis squatarola)
  • 1 Píllara das dunas (Charadrius alexandrinus). Macho anelado no intermareal da lagoa
  • 629 Píllaras reais (Charadrius hiaticula)
  • 2 Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
  • 1 Fuselo de rabo pinto (Limosa lapponica)
  • 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
  • 36 Virapedras comúns (Arenaria interpres)
  • 8 Pilros grosos (Calidris canutus)
  • 1 Pilro combatente (Calidris pugnax) observado hoxe
  • 725 Pilros tridáctilos (Calidris alba). Censo aproximado
  • 318 Pilros comúns (Calidris alpina)
  • 1 Pilro pequeno (Calidris minuta ou sim.)
  • 3 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 4 Biluricos de patas verdes (Tringa nebularia)
  • 6 Biluricos comúns (Tringa totanus)

Pilro tridáctilo (Calidris alba) en plumaxe nupcial
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x   ISO:1000   V:1/500     F:9

Pilros tridáctilos (Calidris alba) en plumaxe nupcial
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x   ISO:800   V:1/640     F:9

Pilro combatente (Calidris pugnax)

Pilros en vóo

Pilro groso (Calidris canutus) coa plumaxe nupcial. Foto moi recurtada

  • 1 Gaivota chorona (Chroicocephalus ridibundus)
  • 3 Gaivotas de patas amarelas (Larus michahellis)
  • 1 Cegoña branca (Ciconia ciconia)
  • 8 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 2 Garzas brancas (Ardea alba)
  • 7 Garzotas comúns (Egretta garzetta)
  • 2 Ibis mouros (Plegadis falcinellus)
  • 30 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia). Novo récord na localidade

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia) en voo
Nikon P1000   ISO:100   V:1/800   F:5,6

Cullereiros (Platalea leucorodia)

Ibis mouro (Plegadis falcinellus) a voar

Ibis mouro (Plegadis falcinellus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm   ISO:250   V:1/800   F:7,1

   Rematamos coas imaxes que eu máis desfruto na miña querida e maltratada lagoa de Valdoviño: o intermareal ateigado de limícolas. Por certo, non vin o famoso pigargo.


Intermareal da Frouseira, Valdoviño

 PD: Segundo o prognóstico meteorolóxico vai haber nordés até o domingo polo menos. Iso quer dicer que a cousa vai durar e mesmo pode aumentar o número de bichos. Aproveitade.

2 comentarios:

  1. Saudos
    Por na enseada do Vao en Ons-O Grove tamén hai sedimentación de limícolas(veñen con retraso respecto a hai uns anos), onte uns 1500 e hoxe uns 3000, a destacar uns 1000 hiaticula, supoño que mañán serán mais e aumentarán os canutus (onte 1 hoxe 9). Vin un minuta nupcial que nunca o vira nesa plumaxe. Sorprendeume non ver ningún hiaticula marcado dos centos que revisei, tampouco alba pero si catro alpina, un noso, tres de UK e un marcado en Asturias.
    apertas.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Opa, Emilio.
      Aquí tamén está a retrasarse con respeito a 20-30 anos atrás. Precisamente por ese retraso na chegada estes picos son menos ricos que os que sucedían na primeira semana de maio, con centos de phaeopus, lapponica, squatarola, tringa, etc. Iso si, das spp pequenas estamos batendo récords. E aquí tamén vin un suposto minuta nupcial (eu vino moi lonxe e non podía identificalo ben pero chegoume que había un Temmick).
      Ollando o prognóstico non me estranaría que o sábado-domingo tivésemos xa 3000-4000 limis en Valdoviño.
      Apertas.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos