Semella que nestes momentos os armiños mostran moita actividade diurna, pois están na época de parto e apareamento. Segundo algunhas publicacións (1) primeiro paren e logo prodúcense as cópulas, debido á "implantación diferida" que ten esta especie. Busquei información ao respeito en google académico, como sempre recomenda o mestre Souza, pero non atopei. Tampouco lle adiquei moito tempo pero seguro que hai algo.
Onte mandábame Damián o vídeo dun armiño con crías grabado en Llanes (Asturias). Por iso esta mañá voltaba aos "Campos do armiño", na contorna da área recreativa de Lamas (San Sadurniño).
Lugar exacto onde foi observado o armiño
Xa contaba cun resultado negativo (isto non é tan doado como ir coleccionar a foto dos famosos bufos das neves a Asturias). Durante as mostraxes estiven sobretodo a recoller testemuña fotográfica do hábitat onde tivo lugar esta extraordinaria observación de armiño feita por Clara González.
Son campos tradicionais con parcelas de sega e outras de pastoreo con gando vacún. As sebes (de salgueiros ou loureiros) son e serán parte da paisaxe galega tradicional alí onde ALTRI e a súa maquinaria destrutora do medio ambiente o permita. En Lamas hai prados con menos manexo humán, algúns enchoupados con abondancia de Iris pseudacorus ou Sparganium erectum; outros mais enxoitos con moitas umbelíferas e gramíneas. Tamén había moitas orquídeas (Dactylorhiza elata, seguramente).
Prado hiperhúmido con abondoso Sparganium erectum
A priori, un entorno onde haberá abondancia de micrótidos, especialmente rata de auga (Arvicola sapidus), unha das presas favoritas do armiño, xunto á trilladeira nival (Chionomys nivalis), nas zonas de montaña.
Camiño da mostraxe
Campo con abondancia de umbelíferas
Prado recén segado intercalado entre ripisilva fluvial e souto
Na zona tamén hai abondoso bosque galería ou ripisilva no cauce todo do río Xuvia. Nel abondan árbores e mato coma o freixo (Fraxinus escelsiur), ameneiro (Alnus glutnosa), pradairo (Acer pseudoplatanus) ou abeleira (Colyrus avellana).
Ripisilva fluvial no Xuvia
Transecto realizado entre unha pequena fraga
Xustamente na mancha de fraga aparecía unha femia de corzo que viña caminando paseniñamente e se dispuña cruzar a estrada cando me veu.
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Eu fiquei completamente inmóbil por ver o que facía a corza.
Que terminou atravesando o asfalto con paso lento.
Corzo (Capreolus capreolus) femia
Om-1 + Ziko 100-400 mm ISO:12.800 V:1/200 F:6,3
Durante as dúas horas de mostraxe (7,00 - 9,00 h) observei bastantes paseriformes de carácter eurosiberiano: picafollas ibéricos (Phylloscopus ibericus), picafollas europeo (Phylloscopus collybita), carriza eurasiática (Troglodytes troglodytes), paporrubio (Erithacus rubecula), merlo negro (Turdus merula), cardeal europeo (Pyrrhula pyrrhula), pimpín común (Fringilla coelebs), etc
Nun dos prados recén segados levantaba un tordo visgueiro, un dos nosos paxaros máis difícies de fotografar. Disparei desde case 200 m e xa marchou voando.
Tordo visgueiro (Turdus viscivorus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm ISO:6400 V:1/400 F:6,3
Tordo visgueiro (Turdus viscivorus)
Imaxe recurtada e editada con Lightroom
Termino cun tordo músico, entretido mentras descascaba un caracol. Aproveito para felicitar aos que traballaron na nova listaxe de nomes vulgares en galego porque deron no cravo. Non coñezo paxaro que, ademáis de ter un canto fermoso de por si, sexa capaz de imitar tan ben o de outras aves. Porque en Valdoviño teño escoitado tordos tocando "melodías"de Thalasseus sandvicensis ou Tringa totanus con tal perfeizón que eu me volvía tolo tentando localizar esas acuáticas.
Tordo músico (Turdus philomelos)
Tordo músico (Turdus philomelos) papando caracol
E así rematamos hoxe.
(1) Mamíferos de España Francisco Purroy & Juan Varela (2005)
¡Vaites, Xabi, andaban os biluricos polas arbres na Frouseira! Qué gracia me hizo esto del cachondo del zorzal, que de "común" no tiene nada, el colega... Con razón en el pasado los pajarólogos finos le llamaban "Turdus musicus". Bonita entrada, Xabi, y tienes una mano para los mamíferos, tío, admirable: está claro que hay que "al que madruga, Dios le ayuda", como decían los viejos. Cualquier día de estos salta el armiño, ya verás. Un fuerte abrazo.
ResponderEliminarAndaban , si, concretamente polos piñeiras do sistema de dunas grises. Non son os únicos que "plaxian" a outros autores contrastados. En Cospeito escoitara un ouriolo (Oriolus oriolus) cantando varias veces de maneira moi clara na Espiñeira. Finalmente resultou ser un estorniño cabrón.
EliminarO dos mamíferos supoño que se debe simplemente a que madrugo moito. Estou afeito a madrugar polo horario laboral que temos nos asteleiros (estes días tamén desperto cedo e non durmo ben por motivos obvios, a pesar dos ansiolíticos que estou a tomar).
Un abrazo.
Boas Xabi. Altri aínda non chegou a Lamas pero algún inversor foráneo sí. Por medio de intermediarios está a mercar todos os montes que se poñen a venta. Pequenas masas de frondosas, con 30 ou 40 anos de antiguedade, están a ser víctimas da motoserra. Se algo ten o minifundismo é que a alternancia de espacios naturais provoca unha maior biodiversidade. Pero o que vai provocar este inversor é a presencia dunha masa uniforme de eucaliptos que abarcará ferrados e máis ferrados pero con moi pouca biodiversidade.
ResponderEliminarPor certo, non consigo ubicar a pista onde foi visto o armiño. E mira que ao carón da área recreativa era onde os meus avós recollían a herba seca no vráo. Pero por culpa da concentración parcelaria todas as pistas son iguais.
Opa, Rober.
EliminarO lugar exacto da observación é o seguinte: imaxina que aparcas na A.R. Volves camiñando até a estrada "principal" e colles cara a esquerda. No primeiro cruce hai un camiño non asfaltado que sobe cara a dereita (entran os tractores con remolque que case non caben pola pista). Nese lugar é onde foi a observación. Ás 21,30 h concretamente.
Estorninos y zorzales son grandes imitadores y dados a volver locos a los obdervadores de aves, al menos a los de la vieja escuela, de antes de la llegada del Merlín de las narices. Muchas aláudidas también son extraodinarias remedadoras y entre todas la más temible para el censador, incluso experto, es sin duda la calandria. En menos de un minuto debajo de un par de machos creíste oír alondra, sisón, jilguero, cogujada común y hasta diez especies diferentes.
ResponderEliminarQue los dioses concedan larga vida a esas sebes y confundan a los que quieran destruirlas.
Un abrazo,
J Alfredo Hernández
Hola, Alfredo.
EliminarPor supuesto yo me refería a territorio gallego, donde no tenemos calandria que, como bien dices, juega otra liga. Te pego un post que publiqué en 2012 y reedité en 2019 sobre un viaje a Villafáfila. Al final de la entrada relato mi primer encuentro con dos calandrias, que me dejaron estupefacto por eso mismo que dices. En mi vida habñia visto nada parecido.
A todo esto y en función de como me vaya encontrando anímicamente es posible que vaya por ahí dentro de poco. Quizá me venga bien.
Un abrazo
https://bichosedemaisfamilia.blogspot.com/2019/10/bichos-vintage-villafafila-febrero-2012.html