Esta mañá tivemos un paro parcial a primeira hora da mañá en Navantia (coma medida de presión pola negociación do convenio). Desde logo eu non sabía nada desta acción sorpresa pero antes de saír de casa tiven un "pálpito" e decidín levar a cámara pequena no maleteiro do carro. Cando chegaba á factoría, ás 6,15 h, vin os piquetes nas portas que impedían a entrada a todo o persoal. Logo de informarme dei volta e collín rumo a Valdoviño, pois dábame tempo a unha visita breve antes de rematar a folga.
Por desgraza o día amencía con chuvias moderadas e persistentes.
Outra versión do famoso óleo "Esperando a que escampe"
Cheguei á lagoa ás 6,45 h mais non se podía saír do veículo coa que estaba a caer.
Lagoa da Frouseira (Valdoviño)
Aínda por riba a cámara escollida era a Canon SX70, a pior nestas condicións de luz. E claro, cando estás afeito á Olympus OM-1 o cambio a un sensor 1/2,3" é devastador.
Pato cincento (Mareca strepera)
Canon SX70 (focal equiv 900 mm) ISO:3200 F:1/200 F:5,6
Comecei cun disparo a ISO 3200, a sensibilidade máxima da cámara. Obviamente o resultado semella máis unha acuarela ca unha fotografía. Logo tomei outra a ISO 1600 e máis do mesmo. Certo é que neses momentos chovía con forza e eu tiña que termar do paraugas.
Pato cincento (Mareca strepera)
Canon SX70 (focal equiv 900 mm) ISO:1600 F:1/100 F:5,6
Comezou a chover máis miúdo e aclarou algo a atmosfera. Daquela as fotos xa parecían outra cousa (houbo que editar dabondo con Lightroom). O pato cincento non paraba quieto e non podía poñer unha velocidade lenta.
Pato cincento (Mareca strepera)
Canon SX70 (focal equiv 1200 mm) ISO:800 F:1/200 F:6,3
Ésta quedou bastante ben para estar sacada con 1/160 seg.
Pato cincento (Mareca strepera). Redución do ruido con I.A.
Canon SX70 (focal equiv 1200 mm) ISO:800 F:1/160 F:6,3
Neses momentos de maior claridade probei cuns cullereiros que descansaban no medio do intermareal.
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia). Redución do ruido con I.A.
Canon SX70 (focal equiv. 1365 mm) ISO:800 V:1/320 F:6,5
Os cullereiros estarían a uns 150-200 m e por tanto as imaxes teñen algo de recurte.
Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Canon SX70 (focal equiv. 945 mm) ISO:400 V:1/125 F:5,6
Terminamos cunha foto que tomei o outro día nos campos de Meirás.
Bico de lacre ondulado (Estrilda astrild)
Por desgraza o bico de lacre ondulado (Etrilda astrild) forma parte xa da ornitofauna da lagoa da Frouseira. Outra especie invasora coa que conta o concello de Valdoviño. Xa sospeitaba da súa reprodución aquí e noutros sitios (incluída a propia factoría de Navantia!), algo que confirmaba este pasado 19 de abril, cando observaba un exemplar carrexando herbiñas para o niño no sector SW da canaveira da lagoa.
E agora a ver se vai parando esta chuvia, que semella non terminar nunca. Nestes momentos necesito máis ca nunca a luz do sol.
Pues esa serie del friso, incluidas las "acuarelas" bajo la lluvia, tienen algo...
ResponderEliminarTeñen a distancia, Jose. E non o digo coma un tema menor. Hai uns anos viñeran por Valdovo dous xóvenes naturalistas e me ofrecín para ensinarlles a lagoa. Ún daqueles rapaces, Cristian Osorio, era nativo do mesmo pobo de Villafáfila, onde agora traballa no Centro de Interpretación, por certo. E alucinaban coa distancia a que observaban os patos cincentos. Eu dicíalle que sendo de Villafáfila non podía asombrarse nun humidal tan cativo (en comparación) pero el fixera moito fincapé en que si, que en Villafáfila había moitas máis aves, pero nunca vira os cincentos tan cerca. E con iso se quedara.
EliminarSempre insisto que ún dos principales valores da Frouseira é a distancia á que se ven as aves. No Grove ou Ortigueira hai máis limícolas, pero a posibilidade de velas de perto e fotografalas coa plumaxe nupcial no paso de maio é insultantemente superior en Valdoviño.
Sí, sin duda es así en ese aspecto, pero yo más bien me refería a la calidad artística de esas fotos. Esas fotos bajo la lluvia son sencillamente deslumbrantes, tienen vida propia. En mi opinión, no son fotos fallidas. Es decir, voy más allá de su valor testimonial ornitológico.
ResponderEliminarCertamente as fotos con chuvia son sempre moi atractivas á vista, aínda que neste caso a falta de luz era esaxerada. Pero as pingas de auga caendo sempre molan na composición, desde logo. Lembro unha foto que tomara José Ramón Castro de Emberiza schoeniclus lusitanicus en Doniños nun día de chuvia. Quedara brutal. Unha das mellores fotos que vin nunca do escribidor.
EliminarSí, yo al menos las veo así. En lo que a mí respecta: enhorabuena por esas fotos. Unha aperta, meu.
ResponderEliminarNuns días, mañá mesmo, coa xchegada do tempo seco, espazo canino de novo. Os donos delincuentes só fuxen do mal tempo.
ResponderEliminarMais non hai problema, o alcalde di que hai sancións...