Logo duns días nos que volvía durmir moi ben (mesmo deixara de tomar as pastillas) de novo teño problemas pola noite. Desperto ás tres ou catro de mañá e xa non pego ollo. Foron uns días complicados o nótase. Nestes casos e xa que estou de vacacións pois o mellor é erguerse para aproveitar a mañá con aquilo do que máis gostas.
Hoxe a miña idea era facer un censo de acuáticas na ría de Ortigueira por ver se chegaran "novidades". Porén cheguei tarde. A marea xa baixara dabondo e parte das limícolas xa marcharan do seu pousadoiro principal, no Cavalar. Ademáis o orballo estragoume algún conteo. Ainda así houbo cosas interesantes.
Seguindo as recomendacións de ebird eu sempre realizo mostraxes de menos dun quilómetro, sobretodo na estación reprodutora. Sen embargo nesta ocasión fixen un percorrido máis longo pola curiosidade de ver cántas especies de aves podían verse na contorna da ría. Saíron 50 spp (que podedes ver neste enlace a ebird). A modo de comparación, hai pouco un crack zamorano (Alfonso Rodrigo) sacaba 84 spp en Villafáfila, con máis tempo de mostraxe, ben é certo.
Imos coa lista de acuáticas de hoxe:
- + Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Non censados porque non visitei Mera nin Feás
- 2 Mourelos eurasiáticos (Melanitta nigra) na parte sur da ría. 1 M e 1 F
- 25 Lampareiros eurasiáticos (Haematopus ostralegus).
- 1 Píldora tipo cincenta (Pluvialis squatarola ou similar). Moi lonxe
- + Mazaricos chiadores (Numenius phaeopus)
- Uns 300 mazaricos reais (Numenis arquata) polo menos (xa baixaran algúns). Aumento importante con respeito á última visita
- 5+ Fuselos de rabo pinto (Limosa lapponica)
- 15 Biluricos comúns (Tringa totanus)
- 10 Biluricos pativerdes (Tringa nebularia)
- 1 Pilro groso (Calidris canutus) nupcial
- 6 Pilros comúns (Calidris alpina) nupciais
- + Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
- 7+ Gaivotas de cabeza negra (Ichthyaetus melanocephalus)
- + Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
- 5-7 Gaivotóns atlánticos (Larus marinus). Dous xuv do ano
- + Gaivotas escuras (Larus fuscus)
- 1 Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo)
- 2 Corvos mariños cristados (Gulosus aristotelis)
- 4 Garzas brancas pequenas (Egretta garzetta)
- + Garzas reais (Ardea cinerea)
- 15 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
E así rematamos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos