domingo, 3 de novembro de 2024

03/11/2024 Novo censo de acuáticas en Valdoviño

     Supoñíase que esta fin de semana había andar por Villafáfila, que está a tope de auga e de bichos. Sen embargo preferín ficar en Ferrol por simple desgana. Ese desánimo para case todo é ún dos problemas que máis presente noto na vida cotiá. Ademáis dos problemas para durmir, que volven outra vez. Afortunadamente a lagoa da Frouseira segue estupenda e alí estiven onte na compaña do colega Juan A. Gómez Escariz e hoxe na de Ángel Couce, Calros R. Silvar e José R. Castro.

 Actualizamos cifras de acuáticas co censo realizado esta mañá:

  • 1 Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus) observado onte. Hoxe non
  • 2 Culleretes boreais (Spatula clypeata). Os primeiros da temporada
  • 102 Patos cincentos (Mareca strepera)
  • 3 Asubións comúns (Mareca penelope)
  • 199 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). Había máis, ocultos no momento do conteo
  • 1 Pato rabilongo (Anas acuta)
  • 70 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
  • 1 Parrulo de colar (Aythya collaris)
  • 2 Zurrascas eurasiáticas (Rallus aquaticus) escoitadas
  • 1 Galiña de auga común (Gallinula chloropus)
  • 62 Galos de auga comúns (Fulica atra)
  • 1 Avefría choromica (Vanellus vanellus)
  • 4 Biluricos das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 25 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 1 Gaivota cana (Larus canus)
  • 100 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis) aprox
  • 16 Gaivotas escuras (Larus fuscus)
  • + Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). N.C.
  • 3 Corvos mariños grandes (Phalacrocorax carbo)
  • 2 Garzas brancas pequenas (Egretta garzetta)
  • 5 Garzas boieiras occidentais (Ardea ibis)
  • 15 Garzas reais (Ardea cinerea)
  • 1 Águia pescadora (Pandion haliaetus)
  • 1 Tartaraña das xunqueiras (Circus aeruginosus)
 A maiores, esta mañá observábamos un azor boreal (Astur gentilis) alimentándose na ribeira cunha presa non identificada. Porén a estrela destes días foi a ganso de bico curto, que onte puiden fotografar bastante ben, aínda que nunha zona de sombra antes da saída do sol.

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:1600   V:1/500   F:6,3

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:1600   V:1/400   F:6,3

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:1600    V:1/500   F:6,3

  Eu agardaba a que mellorase a luz e colocarme en posición para tomar as "fotos boas" pero xusto antes de que dera o sol nese lugar o ganso decidíu marchar dalí e foi bastante máis lonxe. Ademáis pousou nunha zona con luz lateral.

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm    ISO:400   V:1/500   F:6,3
 
  Provei a acoplar o convertidor 1,4x pero era xa demasiada distancia. E pasas de F:6,3 a F:9, co perda de bokeh que iso implica.

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x   ISO:400   V:1/320   F:9

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x   ISO:400   V:1/250   F:9

Ganso de bico curto (Anser brachyrhynchus)
OM-1 + Zuiko 100-400 mm + MC1,4x   ISO:400   V:1/320   F:9

  Unha gaivota que sempre apetece ver é a cana. Vai unha imaxe testemuñal.

Gaivota cana (Larus canus)

Lagoa da Frouseira ollando cara o norte

Lagoa da Frouseira mirando en dirección sur

     Ben, así terminamos hoxe. Prefiro non dicir nada xa dos túzaros que hoxe ceibaron os seus cans na lagoa (un giri e un autóctono). Pa qué?

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos