mércores, 18 de decembro de 2024

Volta ao pasado... ou non. Nikon P950 coma regalo de Nadal.

   Finalmente e logo de pensalo moito escollín a Nikon P950 coma "auto-regalo" de Nadal. É certo que a serie SX de Canon é máis versátil por aquilo dun mellor "modo macro", como teño comentado. Porén cando quero facer foto dese tipo sen cargar co pesado equipo micro 4/3" acabo levando case sempre a Sony RX10. Agora mesmo o que realmente necesito é unha bridge de focal gorda para facer esas fotos de acuáticas ou paseriformes tímidos pousados no quinto pino.

  A Nikon P1000 está case descatalogada e nas poucas tendas onde a teñen está carísima. Así que me decidín pola P950, unha cámara que me resultará familiar (tiven unha P900, agora nas mans de Dani López Velasco). Sen embargo este novo modelo da serie P ten varias diferenzas respeito á 900, destacando especialmente que agora dispón de modo RAW, un detalle moi importante á hora de recurtar imaxes de aves lonxanas. A P900 case non tiña posibilidade de recurte porque ofrecía só formato JPEG (que tampouco permite moita edición de ruido ou brancos queimados) e foi ese ún dos motivos polos que a vendín.


   En fin, agardo con ilusión volver a ter nas mans unha Nikon da serie P. Dentro duns días despedireime cunha pequena bágoa sentimental da Canon SX70, que por certo xa teño vendida. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos