martes, 11 de marzo de 2025

11/03/2025 Censo de acuáticas na Frouseira

   Chegamos a unhas datas nas que a lembranza do vivido hai un ano vai ser moi dura. En marzo pasado comezaba un trimestre negro para min que remataría da pior forma imaxinable. Logo dunha noite complicada hoxe collía a mañá libre para me relaxar na lagoa da Frouseira.

Intermareal da Frouseira
Nikon P950  focal 125 mm   ISO:100   V:1/160    F:5

 Levei o telescopio e fixen un censo completo de acuáticas. A lista de aves incluindo terrestres podedes vela neste enlace a ebird. Imos cos números:
  • 50 Patos cincentos (Mareca strepera). Xa voltaron á lagoa para se reproducir depois de pasar parte do inverno na ría de Cedeira e outros humidais próximos. Deles 31 machos e 19 femias
  • 142 Lavancos reais (Anas platyrhynchos). 95 machos + 47 femias. Hoxe facía vento e non estaba cómodo; outro día hei contabilizar os exemplares por grupos, tal como recomendou Souza para estimar mellor as parellas reprodutoras
  • 86 Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
  • 1 Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)
  • 1 Bilurico das rochas (Actitis hypoleucos)
  • 33 Gaivotas choronas (Chroicocephalus ridibundus)
  • 4 Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
  • 19 Gaivotas escuras (Larus fuscus)
  • 7 Mergulletes comúns (Tachybaptus ruficollis). 4 SE e 3 SW
  • 10+ Mascatos boreais (Morus bassanus) na praia. No mar había deceas deles
  • 20 Corvos mariños reais (Phalacrocorax carbo) aproximadamente
  • 14 Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
  • 2 Garzas reais (Ardea cinerea)

Patos cincentos (Mareca strepera)
Nikon P950  focal 1500 mm   ISO:200   V:1/250    F:6,3

Patos cincentos (Mareca strepera)

    Nesta ocasión levaba a Nikon P950, que vou coñecendo mellor. Por desgraza non vexo melloras con respeito á P900. Ambas bridge son as que menos recurte dixital permiten de todas as que probei. Moito menos que outras Nikon como a B700 ou a P1000. Ignoro o motivo.

Patos cincentos (Mareca strepera)
Nikon P950  focal 2000 mm   ISO:200   V:1/250    F:6,5

Patos cincentos (Mareca strepera) e cercetas eurasiáticas (Anas crecca)

   As aves na Frouseira está moi afeitas á presenza humana e adoitan estar perto do paseo peonil. Non penso que haxa outro humidal galego onde as anatídeas ou limícolas se poidan fotografar tan cerca.

Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P950 focal 1100 mm   ISO:200   V:1/320   F:5,6

Cercetas eurasiáticas (Anas crecca)
Nikon P950 focal 1100 mm   ISO:200   V:1/320   F:5,6

Anatídeas xunto ao paseo peonil

    Esperaba ver algunha novidade migratoria máis. Únicamente había un fuselo de rabo negro.

Fuselo de rabo negro (Limosa limosa)

   Os cullereiros son xa unha especie habitual en Valdoviño. O grupo estaba hoxe xunto ao "Pozo do cura", na zona da canle. Con eles tomei as mellores fotografías da sesión. Cando os bichos e a luz colaboran todo é máis doado.

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 500 mm   ISO:200   V:1/320   F:6,3

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 2000 mm   ISO:100   V:1/200   F:6,5

Cullereiros comúns (Platalea leucorodia)
Nikon P950 focal 800 mm   ISO:100   V:1/160   F:6,3
 
  Terminamos cun dos meus paxaros favoritos (o outro día quedei abraiado cando un paxareiro me preguntou pola diferencia entre "ave" e "paxaro", comolocuento).

Escribidor de papo negro (Emberiza cirlus) macho
Nikon P950   focal 600 mm  ISO:800   V:1/160    F:5
 
  Ben, veñen tres mesesen vou lembrar unha e outra vez as decisións que tomei ou non tomei o ano pasado; cousas que xa non teñen solución. Espero que superado este primer ano de loito comece o proceso para superar definitivamente a perda de María, que está ser moito máis profundo do que esperaba. Estas visitas terapéuticas a "Valdovo" axudan moito, desde logo.

4 comentarios:

  1. Ánimo, Xabi, que pronto empezará el paso, y seguro que te va a traer ocupado, y la cría también, que algunos azulones ya están a ello (aunque no sé yo si con éxito, con estos trenes de borrascas que parece que no van a acabar nunca). Ya veo que de fochas, ni el rabo. Me pregunto adónde irán.
    Un abrazo y hasta pronto.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Jose.
      Respeito aos galos de auga pois xa sabes que aquí a maioría adoitan marchar por febreiro-marzo, aínda que sempre fican toda a primavera eses típicos 4-6 exemplares que mesmo chegan a reproducirse en anos favorábeis. A verdade é que me chamou a atención non ver nin un so exemplar hoxe. Quizá estivesen en enseadas protexidas dentro da canaveira, que tamén pode ser. De todas formas eu á Fulica non a considero reprodutora regular en Valdovo.
      Por certo, igual este ano fago un seguemento á galguiñeira común (Botaurus minutus, agora). Hai vinte anos foi reprodutor probable na lagoa e quizá siga a selo, aínda que esas cousas non interesan aos novos "birders" e seguramente por iso non hai datos recentes.
      Apertas.

      Eliminar
  2. Pues me parece muy, muy interesante, Xabi, y de paso puedes tener oportunidad de concretar cómo va la población local de escribanos palustres, entre otras cosas. Y pega la oreja, no vaya a ser que las polluelas den la campanada. Qué envidia, no poder estar más cerca para caerme a menudo por ese magnífico humedal.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Porzana sp... buff... Non será por ganas. Teño feito esperas emitindo audios de cantos ao mencer na Frouseira pero nada.
      Un abrazo.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos