Son días de cambios na paisaxe galega. Arestora son moitos os prados que están a segarse co gallo de preparar os silos (para alimentación do gando vacún).
Silos en San Xurxo de Moeche
OM-1 + Panasonic 14-42 f:5,6 ISO:800 V:1/125 F:5,6
As segas modernas, con maquinaria moi potente, teñen que causar un dano terríbel na fauna destes hábitats (eu son urbanita pero meus pais eran de aldea e teño visto segar coa gadaña). Sempre penso nestas cousas cando chega esta época. Afortunadamente xa saíron as primeiras roladas de chasco europeo (Saxicola rubicola), ou carriza dos xuncos (Cisticola juncidis), dous dos paxaros máis íntimamente asociados a estes prados húmidos. Unha das fincas que aparecen nas fotos foi onde escoitei cantar a folosa manchada (Locustella naevia) días atrás. Témome o pior.
OM-1 + Panasonic 14-42 f:5,6 ISO:800 V:1/125 F:5,6
Buxato común (Buteo buteo)
OM-1 + Zuiko 100-400 f:6,3 ISO:800 v:1/100 F:8
Disque por España adiante andan coa primeira vaga de calore. En Ferrol seguimos polo de agora con tempo húmido, chuvioso moitos días e máximas moi suaves da orde dos 21-24 graos centígrados.
Típica mañá nas agras de San Xurxo de Moeche
OM-1 + Panasonic 14-42 f:5,6 ISO:1600 V:1/100 F:6,3
Esta semana fotografei mellor unha das rolas bravas que aínda fican en San Xurxo de Moeche. Pilleina mentras "rulaba" desde un cable. Qué fermosura de bicho.
Rola brava (Streptopelia turtur) cantando
E con estas fotos que tiña pendentes completamos a "miniserie" especial de Moeche, que tivo coma protagonistas especiais ao lobo (Canis lupus) e á martaraña (Martes martes), lóxicamente.
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos