Hoxe erguínme moi cedo, pois con tanto vento non acougaba na cama (vivo nun sexto piso bastante antigo e cando vai vento é criminal). Tan cedo que ás 6,10 h xa estaba no val do Xuvia. E a esas horas sempre ocorren cousas...
Porco bravo (Sus scrofa) con crías. Imaxe moi sobrexposta e editada con Lightroom
Sony RX10 III (focal 145 mm equiv) ISO:6400 V:1/80 F:4
Porcos bravos (Sus scrofa) con crías. Imaxe sobrexposta e editada con Lightroom
Sony RX10 III (focal 95 mm equiv) ISO:6400 V:1/60 F:3,5
Había uns días observara un anisóptero (Odonata) que semellaba unha libeliña do luscofusco (Boyeria irene); pola forma de voar cara as árbores e polas horas tan temperás en que as vía. Porén, resulta que era un tizón de Bolton, como puiden comprobar hoxe, na compaña de Manolo Rei.
Tizón de Bolton (Cordulegaster boltonii) macho
Sony RX10 III (focal 74 mm equiv) ISO:1600 V:1/60 F:4
Por desgraza estes días estamos a ter vento de nordés na Galiza, e iso afecta especialmente ás comarcas do extremo norte galego, coma é a zona de Ferrol. Pero a Sony RX10 III fai a vida máis doada, desde logo. Porque as circunstancias eran certamente complicadas (cando chegou Manolo sopraba máis vento mas tamén aumentara a luz). Atentos ás velocidades de obturación. Algunha foto quedou cunha lixeira trepidación, certo, pero non hai estabilización (non dixen estabilizador) como as das bridge. Maiormente grazas ao seu peso tan lixeiro.
Tizón de Bolton (Cordulegaster boltonii)
Sony RX10 III (focal 63 mm) ISO:400 V:1/30 seg F:3,5
O tizón de Bolton é unha das libeliñas máis grandes presentes na Galiza. Podemos considerala "unha libélula de río", o mesmo que a esmeralda de Curtis (Oxygastra curtisii), aínda que resulta moito máis abondosa e mellor distribuida polo país. Ademáis de ríos e regatos pode aparecer tamén en pequenos cauces de turbeiras ou brañas.
Tizón de Bolton (Cordulegaster boltonii)
Sony RX10 III (focal 68 mm) ISO:800 V:1/60 F:4
A verdade é que nin eu mesmo sei como puiden sacar estas fotos a esas velocidades co vento que facía. Supoño que hoxe estaba "inspirado" polos antidepresivos que estou a tomar (quizá calmen o pulso tan nervioso que teño). Ou simplemente estaba relaxado, estado que necesito moito nestes últimos tempos, porque nas cousas da familia tamén pintan bastos.
Tizón de Bolton (Cordulegaster boltonii)
Sony RX10 III (focal 68 mm) ISO:800 V:1/40 F:3,5
Para terminar despedímonos cunha foto que tomou Manolo, na que podemos apreciar moi ben esa banda negra horizontal que posúe na face o tizón de Bolton.
Tizón de Bolton (Cordulegaster boltonii)
Olympus E-M10 Mark IV + Oly 75-300 f:6,7 + aneis ext. 26 mm ISO:3200 V:1/200 F:5,6
Ningún comentario:
Publicar un comentario
Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos