venres, 13 de febreiro de 2026

Máis fotos da nosa ría

 Van unhas cantas fotos mais destes días na ría, onde seguimos con tempo chuvioso (que vaia parando un pouco que isto xa é pasarse, mesmo para Galiza).

Choiva entrando desde Mugardos
OM-1 + Pana 14-42 mm  f:5,6   ISO:1600   V:1/160   F:5,6

Navegando pola ría a bordo do Seat Arona

     O outro día perdín a oportunidade de fotografar un picapeixe por pura mala sorte. Co desconfiados que son, atopei un exemplar pousado nun peirao a pouca distancia que semellaba non terme detectado. A modiño baixei a ventaniña e collín a cámara para disparar pero cando quixen focar ao picapeixe non vía nada polo visor porque se lle movera o regulador dióptrico. No tempo que tardei en regular de novo o visor o picapeixe xa me víu e marchou. 

  Una parella de gaivotas patimarelas colaborou mais. A primeira toma, con ISO moi alto, góstame mais en cuanto á exposición. Porén, ún dos suxeitos aparece desenfocado e curtado. É o malo dunha focal fixa: tes que afinar ben o encuadre. 

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:12800   V:1/160   F:4

 Na segunda xa compuxen mellor, mas ficou algo escura para o meu gosto. Probei a a subir a exposición co Lightroom pero non me convencía o resultado.

Gaivotas patiamarelas (Larus michahellis)
OM-1 + Zuiko 300 mm  f:4   ISO:3200   V:1/80   F:4

 En calquer caso, poder desfrutar deste novo equipamento é un pracer. Moito teño sufrido nestes días de choiva interminábel cando usaba cámaras bridge de sensor 1/2,3". Que eran (e son) marabillosas, mas non están deseñadas para disparar en condicións tan adversas. Por 500 euros que valían tampouco se lles pode esixir algo así.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos