mércores, 2 de novembro de 2011

Chamamento

Ún, ademáis de naturalista afeizoado, resulta que tamén é traballador do naval nos ratos libres. E como aínda me queda algo de conciencia por algún sitio perdido (cada día menos, todo hai que dicilo), vou empregar o blogue para facer un chamamento moi especial.

 O próximo domingo 6 de Setembro está convocada unha grande manifestación polo futuro do emprego e da comarca. Conta co apoio de todos os sindicatos de clase.

 É ben sabido que a comarca de Ferrol foi unha zona que padeceu enormemente os efectos da reconversión dos anos 80. A escasa diversificación industrial (naval, armada e para de contar) segue a ser un dos problemas estruturais desta comarca, sendo Ferrol a única das grandes cidades galegas onde baixou a poboación nas últimas décadas. Se o sector naval de Ferrol vai mal, todo vai mal en Ferrol, debido ao gran número de postos de traballo directos e indirectos que sostén.

 Nestes momentos de crise económica insoportábel, quizá esteamos a ponto de presenzar un segundo crack nesta comarca, que históricamente tivo ún dos índices de desemprego máis elevados do estado. Agora o panorama resulta máis desalentador aínda, con este capitalismo salvaxe que deshumaniza as persoas, as empresas e mesmo os gobernos dos estados, que apenas teñen marxe de manobra.."se queren sair na foto" do FMI.
  É algo que non sei eu se poderemos soportar en Ferrolterra (quén non ten aqui algún parente cercano con problemas económicos! sexa traballador por conta allea ou autónomo). E a pesares de que teño a inmensa sorte de traballar (aínda) nunha empresa pública, non podo calar mentras vexo como se completa o desmantelamenso industrial nesta comarca.

 Por isto e por máis cousas aproveito para facer un pouco de "proxelitismo político".
 O día 6 ás 12, todos e todas á praza do Inferniño!


Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos