domingo, 1 de abril de 2012

Arde Galiza (e o que nos queda..)

Acabo de chegar dun concerto dos MOL (un grupo colega da Coruña) e por aquilo de informar en tempo real, fago esta entrada breve, na que poño unhas fotos de hoxe pola tarde. Porque o tema é moi importante. O lume que está a afectar ao Parque Natural das fragas do Eume ocultou o ceo de Ferrol hoxe á tarde. Mirabas para o sureste e vías este "panorama" ...


 Pódovos asegurar que a imaxe apenas mostra o impacto que eu experimentei cando vin o fume deste lume ocultando o ceo de Ferrol. Na miña vida vin tal fumareda tapando o sol na cidade de Ferrol.


 A ver se, ao longo do día de mañá, os operativos conseguen controlas este incendio.


 Penso nas datas nas que nos atopamos (Marzo!!) e éntrame auténtico pánico do que pode vir este ano. Quizá algún día unha administración valente lle bote o que lle hai que botar (valentía) e poidamos ver os causantes destes desastres na cadea. Para iso fará falta que a xente sexa capaz de declarar en contra dos seus viciños, cando fan queimas incontroldas que acaban en traxedia.
Por agora todo é sufrir e padecer as consecuencias. Qué país!!



9 comentarios:

  1. Unha gran tristeza... a nós casi nos colle o lume xa que estábamos de andaina, xusto por onde comenzou o lume, probablemente fumos os últimos que poidemos ver este sitio único no seu esplendor... Non sabes ata que punto me entriteceu, non só pola fraga senon por todos os pobres habitantes dela, nos que moitos non pensan...

    ResponderEliminar
  2. Non te preocupes, Víctor, que os culpábeis non han acabar no trullo. Se isto fose Europa quizá, pero isto é...un "sitio distinto", como dicía o gran Antón Reixa. Temos o que merecemos...
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  3. Ola Xabi. Precisamente onte fumos a familia e máis eu de excursión polas terras de Cedeira e Valdoviño e, á volta, xa de noitiña, notamos ao lonxe o que enprincipio pensábamos que era unha intensa néboa, ata que notamos o cheiro a fume, dándonos conta de inmediato da intensidade do lume. Non foi ata hoxe pola mañán cando nos enteramos que se trataba das Fragas do Eume, e quedamos totalmente consternados. Unha auténtica traxedia que non vai ter solución mentras as autoridades non o tomen en serio e comencen a impoñer multas do importe o suficientemente importante para que a xente colla medo a que se lle escape unha queima, aínda que sexa de forma fortuita; aínda máis se é intencionada. Somos un pais de merda, non lle temos nin querencia nin respeto a nada. Moisés Asensi

    ResponderEliminar
  4. Medo me dan as cinzas do lume chegando ao Eume e ao intermareal de Pontedeume... E Feijóo di que van reforestar... con que especies???

    Ufffff...

    Apertas,
    Damián

    ResponderEliminar
  5. Graciñas aos dous (Moisés e Damián). Eu xa non sei que dicir. O que se fará agora será tratar as "circunstancias" do lume: se os operativos contraincendios non estaban en alerta, se a política forestal non mira a prevención (como recolle o noso comunicado), se non sei qué, se non sei canto...Pero máis aló das "circunstancias" coxunturais están as "causas"estruturais. E esas causas non son outras que NÓS MESMOS. Porque sempre digo, cando falo con compañeiros do estaleiro, que estas cousas non as fan catro pirómanos psicóticos, senón xente normal coma min e coma ti.
    É un problema difícil de solucionar mentras a raza galega non se extinga, falando claro.
    Ata case me dá pena Feijó (sen que serva de precedente)
    Veremos ao final en cánto queda a superficie afectada das fragas.
    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  6. Som Anjo. Chama-me por tfe por favor.

    Abraço.

    ResponderEliminar
  7. Opa, Anjo!

    Graças pola visita e polo comentário, Anjo (aginha lhe colheches o jeito ao blogue).

    Já che dixem onte pola tarde que me pareciam mais hectáreas queimadas. De todas formas a ver os dados definitivos.

    Um abraço

    PD: Aínda estou medio escaralhado do concerto (vamos velhos...)

    ResponderEliminar
  8. Pena me dá ver queimarse o Eume ollaras para onde ollaras.Ahí formeime como naturalista, era o meu santuario.
    Non temos remedio nin como sociedade nin como pais.Así nos vai.
    Saudos.

    Carlos.

    ResponderEliminar
  9. Por animarte un pouco, Carlos, direiche que a fraga do Belelle (que tamén coñecerás ben, pois viviches en Fene moitos anos) está moi repoluda. Logo de moitos anos sen ir por aló, fun ata alí hai catro anos (polo do Atlas de hérpetos) e me sorprendeu moi gratamente o bon estado de saúde que mantiña.

    Unha pequena luz de esperanza neste mundo noso. Non penses máis niso hoxe, tómate unha birra mentras escoitas algo de Alan Stivel ou Gwendal..

    Unha aperta

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos