martes, 12 de xuño de 2012

Encoro das Forcadas en Xuño

  Pois había tempo que non me pasaba polas Forcadas, así que onte pola tarde fun dar un paseíño por alí. A pesar de que a hora non era a mellor decidín facer un pequeno reconto de acuáticas, pero como estou un pouco fastidiado dun xeonllo, só fixen catro das "estacións" que controlo habitualmente: A Cruxeira (1),  A Braxe (2), O Pereiro (3) e A Rañoa (4).


   Esta foto pertence ao ponto de observación Nº1, unha das mellores enseadas para a reprodución de acuáticas.


 Alí observei:
 - 2 Mergullóns cristados (Podiceps cristatus). Poño unha foto.


- 1+1+1 Mergullóns pequenos (Tachybaptus ruficollis)
- 2 Poliños de Lavanco (Anas platyrhynchos)
- 1+1 Galiñolas (Fulica atra)
-1 Galiña de río (Gallinula chloropus)
- Rás verdes (Rana perezi). Escoitei dous machos cantando. Neste encoro semella que a poboación de Caranguexo vermello estaría en declive, un fenómeno que (de confirmarse) resultaría de difícil explicación. Quizá en breve falemos disto e dalgo máis.
 Logo parei no ponto 2, onde só vin un grupo de 5 Mergullóns cristados, no centro do embalse.
Desde o ponto 3 censei:
- 1+1 Mergullóns pequenos. Foto.



- Un grupo de 14 Lavancos (Anas platyrhynchos). A maioría deles machos en muda.
Por último fixen a parada da Rañoa (4), unha das que máis me gostan. Localízase frente á illa, algo que favorece o asentamento de acuáticas (o illote non é a casa asolagada que aparece na foto).


 Alí vin:

- 3 Mergullóns cristados (P. cristatus), bastante lonxe. Probablemente eran parte do grupo anterior.
- 1+2 Mergullóns pequenos (T. ruficollis). A parella semellaba estar facendo a ceremonia de cortexo, collendo algas do fondo ou algo así coma ofrenda.
- 1 Galiñola negra (Fulica atra). Este ano aínda non vin polos (tampouco lle fixen demasiado seguemento).


- Varias Rás verdes (R. perezi) escoitadas. O día desapacible e ventoso  tampouco era o mellor para a actividade deste anfibio.

 Ata outra.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos