mércores, 11 de xullo de 2012

Carrizo dos xuncos (Cisticola juncidis)

   Son días de espera. Xa recibín a alta médica e comecei a traballar, pero a lesión no xeonllo nin de lonxe está curada (a cousa vai para largo). O bon é que este venres saímos de vacacións no asteleiro. E haberá que desfrutar un pouco xa que logo, sen pensar no que se nos vén encima nos próximos meses. Como por exemplo a máis que probable perda da paga extra de Nadal (alá vai a compra do tele que estaba mirando!)  Polo visto a miña "relación" de amor e odio coa cámara compacta vai prolongarse máis do que eu quixera. Aínda que teño que recoñecer que algunha alegría si que me dá... de cando en ves.

                          Picaxuncos (Cisticola juncidis). Taraza, Valdoviño

 Como digo, son momentos de espera. Logo de meses sen saír apenas de Ferrol e arredores, esta fin de semana toca unha saída potente (ben merecida polo autor deste blogue, podedes crelo). Non terei a sorte doutros afortunados colegas, que andan aburríndose pola fosa do Rift en Kenia, ou polos bosques de Bialowieza, en Polonia. Será unha excursión moitísimo máis modesta, pero desde logo que non terá nada que ver cos prados e eucaliptais de Ferrolterra... A un lugar que nunca decepciona.

Vémonos aló!

 Por certo, na ultima canción que metín como "Música do blogue" asignei a nacionalidade estadounidense a Helloween e Accept. Un erro im-per-do-na-ble, especialmente grave por tratarse dunha das miñas bandas favoritas. Imos solucionar iso inmediatamente!!!

4 comentarios:

  1. Muy bonito o picaxuncos,pero non sei que pasou que me anunciou as entradas do picaxuncos e dun xilgaro, e o xilgaro xa non o vexo.
    ¿Foi unha visión ou se me escapa algo?

    Jose

    ResponderEliminar
  2. Perdoa, acabo de desfacer o entorto,

    como sigo a páxina de outro amigo, foi a deste a que onte meteu a foto do xílgaro.

    Que pases unhas boas vacacions, e o da paga, polo que puden enterarme, parece que non vai con nos, porque eu sigo cobrando unha parte da empresa.

    Pero veñen tempos difícices.

    Algo comentaronde do cerre dalguns asteleiros.

    Jose

    ResponderEliminar
  3. Xa me parecía, José...

    E sobre o da paga extra, espero que teñas razón. Pero, sinceramente, eu estou bastante máis preocupado polos compañeiros das auxiliares, que van ao paro. Iso si que ten que ser duro. Nós somos realmente uns afortunados.

    Un abrazo.

    ResponderEliminar
  4. Tes toda a razón.
    O da paga extra non o comentei como elemento desmovilizador, senón máis ben para darche ánimo en canto á compra do teleobxectivo.
    Estiven na chegada dos mineiros a Madrid e foi impresionante, recordáronme vellos tempos.
    Había que aproveitar este comezo e seguir, non se onde nos van levar.
    Jose

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos