sábado, 7 de xullo de 2012

Refrescando o blogue

Esta entrada "off topic" vai adicada a un bon amigo, que xa sabe quén é. Porque non todo na vida ten que ser serio e aburrido (aos serios e aburridos sempre lles quedará o cine francés, a literatura de autor ou a música Jazz). 
 Poño unhas fotos de Internet dedicadas a certa bebida celestial que os deuses tiveron a ben conceder á raza humana, co obxecto de facer a nosa estadía terrenal un pouco mais levadeira....




 Grazas a Deus os monxes mantiveron viva a tradición artesanal para que tal don non se perdese, e transmitiron durante séculos o seu legado. Así hoxe podemos desfrutar da degustación de tan marabillososo líquido.


 Porque a informática e a robótica non serían o mesmo hoxe en día sen a Cervexa...


 Pero tampouco hai que pasarse, caramba!!


E para que non digan que son racista, unha de cada cor..


  A próxima será unha entrada máis seria, prométovolo.

9 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. Pero recorda que antes da cervexa... dous vasos de auga...
    Que carallo!!! Se a cervexa xa está feita de auga...

    ResponderEliminar
  3. Boísimo o correo que me mandaches, Víctor. Deume a idea de facer esta conachada, xa que levo varios días enclaustrado no "monasterio" sen saír a afotar.

    Mañá vamos remediar esta parálise momentánea....

    Un abrazo

    PD: cando te fotografíes non te poñas debaixo da sombra, coño!

    ResponderEliminar
  4. O da fotografía non che é o meu... tesme que dar algunha clase... xa sabes que non se pode saber de todo...

    ResponderEliminar
  5. Prométoche que en canto saiba eu algo sobre fotografía heiche ensinar a ti. Malo será que en dez ou vinte anos.....

    E cómo que non se pode saber de todo? Dillo a certo compañeiro de traballo noso....

    ResponderEliminar
  6. Bendita cervexa... dende sempre os humanos soubemos o que é bo de verdade, e si non mira o que me atopei hai un tempo:

    http://paxaroseoutrascousas.blogspot.com.es/2008/09/el-ser-humano-se-volvi-sedentario-para.html

    :)

    ResponderEliminar
  7. Ao final van acusarme de facer apoloxía do álcol(estoume dando conta que pode haber nenos, como meu sobriño, mirando este blogue!)

    Esperemos que ninguén se tome esta entrada moi en serio, que me meten nun lío..(é broma)

    Unha aperta e graciñas pola visita, Sergio. E pola información "do outro" (O Buio queda anotado coma deberes para este verán...)

    ResponderEliminar
  8. Ola Xabi:
    Cando puxeches que para aburrido queda o cine francés e o jazz, déchesme na fibra, xa que podería recomendarte que viras películas coma "Benvidos ao norte", "Nada que declarar" ou algunha algo máis antiga coma "Tres solteiros e un biberón" (por suposto a versión orixinal francesa, e non a americana). E con respecto ao jazz, a fusión da música afrocubana de jazz e salsa pode ser calquera cousa menos aburrida. Estes días estase a celebrar o festival de Jazz e Blues de Pontevedra (xa vai pola 20 edición) e non vexas como fan levantarse á xente dos seus asentos e bailar coma tolos.
    Unha forte aperta. Moisés.

    ResponderEliminar
  9. Non pasa nada, Moisés. Iso pasa nas mellores familias..
    Quizá se tiveses nacido no barrio onde eu me criei e traballases onde eu traballo habías ver as cousas doutro modo. Quen te vería con crista de pinchos e cadeas, pelexándote cos "heavys"!.

    Un abrazo.

    PD: supoño que todo se debe a un trauma, debido a que teño un irmán que adoraba ese tipo de cine

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos