domingo, 14 de setembro de 2014

Papoazul (Luscinia svecica)... e, nos Botes, máis Peste (Canis horribilis)

   A mañá de domingo empezaba perfecta. Ceo nuboso, pero sen apenas vento (de compoente S), e altísima humidade ambiental. A primeira hora baixaba até a ribeira NW da lagoa da Frouxeira, pasando coma sempre a carón da "Charca das espadanas", que actualmente ten pouco de charca pero moito de espadanas.

  Serei sincero: si,buscaba o Papoazul!. Para min, un dos paxaros máis bonitos que podemos ver no paso migratorio. E este lugar semella estratéxico para os exemplares que todos os anos sedimentan durante días entre Agosto e Outubro. Xa vos teño comentado que é bastante doado velo alí se acudimos nas datas axeitadas e temos algo de paciencia. A súa fotografía sen reclamos nen hide xa son palabras maiores, debido á timidez deste paseriforme, emparentado co Rousinol (de feito, en español agora inclúeno coma una variante de rousinol: "Ruiseñor pechiazul"). Teño unha foto desde 20 m. e con pouca luz. Menos mal que levaba a bridge, ou non teríades post!

 Papoazul (Luscinia svecica), macho

   Nestas alturas, os Chascos norteños (Saxicola rubetra) son tamén moi habituais no entorno da Charca das Espadanas. Hoxe tiña oportunidade de observar algo pouco común, un xuvenil reclamando comida a ún dos seus proxenitores. Logo comprobei que era toda a familia a que andaba revoloteando entre as matas de Juncus acutus.

 Adulto e xoven de Chasco norteño (Saxicola rubetra)

    Este Chasco é tamén un ave moi tímida que fuxe axiña en canto o observador se aproxima a menos de 50 m.. Aproveitando que o xuvenil era un pouco máis inocente puiden achegarme máis do habitual. O zoom da SX50 fixo o resto.


 Chasco norteño (Saxicola rubetra) de 1º outono

  Pero en Galiza as saídas ornitolóxicas ás praias soen acabar de maneira desagradábel. E hoxe tocaba (eran xa moitos días nos que parecíamos un país europeu). A entrada da peste na praia dos Botes foi certamente triunfal.

 Peste común (Canis horribilis)

   Non importaba que houbese un fulano afotando aves na praia, de maneira inequívoca e ben visíbel. Os donos non fixeron nin un amago de chamar á peste ou de amarralos para evitar molestar ao fotógrafo. Estas cousas son as que me cabrean de verdade. Non atoparás ao dono dun puto can que os chame ou che pida perdón por levantarche as aves que estabas tranquilamente fotografando, nunca na vida. Iso pasa só en Europa ou nas películas de ciencia fición.
  Mentras marchaba dalí, pregunteilles (case por hábito,  máis que por convencimento) se non sabían que estaba proibido soltar os cans. A súa actitude, de absoluta impasibidade, sen inmutarse en absoluto nin desculparse sequera, acabou por enfurecerme.

Bando mixto de Canis horribilis con Homo stupidus (subsp. galicianus)

  Unha das persoas veu canda min, pedíndome (con ameazas de denuncia) que non publicase a súa foto. Neste caso existía un grave problema persoal, que lóxicamente non vou comentar aquí, polo que publicar a súa imaxe podía supor unha importante complicaciónpara ela. E como sei que existen cousas máis importantes que a observación da Natureza, vou publicar a foto de maneira que non se poda recoñecer esta persoa, tal como lle dixen. A ver se ela correspón e non volve deixar os cans ceibes nas praias de Valdoviño (aínda que xa sei que non o vai facer).

13 comentarios:

  1. ola Xabi. nos derradeiros tempos tiven unha chea de problemas tanto cos cams como cos donos. que soen estar peor educados q as mascotas. parece non haber solucion.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Non a hai, Berto. Non sei se mirabas Bichos este tempo que estiveches "desaparecido" da blogosfera. Fixen un cento de entradas relatando os problemas cos cans nas praias de Ferrolterra, que son apenas unha pequena mostra da situación real e diaria.
      O meu pensamento ao respecto resúmese nestes pontos.
      1- Cos propietarios canto menos se fale, mellor. É absolutamente inútil. Non vamos chegar nunca a entendimento e só causará estrés e malestar (por non falar de episodios de violencia verbal ou física)
      2- As forzas de orde pública han pasar de todo tamén. Téñenme recoñecido por teléfono que está proibida esta práctica, pero logo pásanse a pelota ún a outros (poli local e Seprona), como se ninguén se quixera mollar neste asunto
      3- A Administración, que é a auténtica culpábel, non vai facer nada pois actuar conforme á lexislación é algo impopular neste puto país de tarados e incívicos. Teño falado con alcaldes e participei tamén nalgunha mesa coa Consellaría de Medio ambiente, e asegúroche que non hai vontade. Nin a vai haber a medio prazo.

      Os galegos temos unha tara xenética, unha obsesión enfermiza, por incumprir as normas que garanten que unha sociedade poda desenvolverse de maneira cívia e sostíbel.

      PD: O outro día sen ir máis lonxe, varios compañeiros de Bazán comentaban indignados o da multa contra os cazadores famosos que torturaron ao Xabarín na Fondsagrada. Iso, Alberto, é o pan noso de cada día no mundo real. Nós somos unha excepción á regra. Un virus estrano no crpo social deste puto país.

      Eliminar
  2. Vaia casualidade home ¡¡¡
    Ese galgo que hai na foto foi do que che falei que está tarado e se adica con saña a escorrentar as sisetas e os mazaricos ata a extenuación ...
    Téñoche que pasar un teléfono ...

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Quitei a resposta anterior non vai ser que a xente que non ten sentido do humor teña unha idea equivocada sobre min.
      Resumindo, Galiza é unha merda!

      Eliminar
  3. Prefiro non falar do nivel medio de "educancia" deste pais, pero levamos unha semana..
    Unha preguntando porque hai que tirar a cruz do Castro, outro botando a merda libremente, e pa rematar o que esta tapando unha barreira que di "hai que ler os xornais que sube a debeda publica"..
    Paisssssssss

    Cesar

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Unha cousa, César, se o de botar merda refíreste ao lío ese da vaca (non o sei), pois debo dicir que case estou co gandeiro. Por unha vez e sen que serva de precedente. 
      Neste país construímos casas e calquera sitio: recheos sobre zonas de inundación que logo acaban con problemas (Frouxeira, Cee,...), sobre o mesmo litoral, encima castros milenarios ou a carón de vías pecuarias tradicionais. Penso que este caso da vaca cagona pode ser un exemplo desto último, a xulgar polo que lin na prensa.

      Eliminar
    2. O da vaca e de coña, cos milleiros de donos de cans que non recollen o que depositan as suas mascotas, e imos denunciar iso..
      Non iba por ahi, iba por lixo lixo.

      Eliminar
    3. Coñecéndote xa me parecía raro que fora polo das vacas (que eu tamén usei o singular e son varias vacas).
      O das merdas de can...mellor vou calar....

      Eliminar
    4. Por certo, acostumádevos a poñer o til sobre o "é" cando se trata de verbo. Que non costa nada, carallo! Porque "é" difícil "e" incómodo ler así.

      Eliminar
  4. genial fotos!!!bueno lo otro sin palabras
    saludos

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Grazas, Marcos. Las fotos podían ser mejores pero las condiciones de luz y distancia no eran las ideales.

      Eliminar
  5. Xabi:

    El día que la gente de este país empieze a sentir como una catástrofe vergonzosa el problema de los incendios forestales... el día que la gente de este país se de cuenta del gravísimo impacto que ha supuesto que más de media Galicia esté ocupada por huertos de eucaliptos... el día que la gente de este país sienta verdadero bochorno ante el resultado del caótico urbanismo de las últimas décadas... el día que la gente de este país considere intolerable que los últimos reductos de la naturaleza gallega sean ninguneados y despreciados… el día que eso ocurra, quizás, comiencen a considerar la posibilidad de que las playas no son un buen lugar para sacar a pasear al perro. Mientras tanto no hay nada que hacer. Donde no hay mata no hay patata.

    Tanto tú, que has nacido en esta tiera, como yo, que llevo algunos años en ella, sabemos que la posibilidad de que suceda al menos uno de los supuestos mencionados es menor de cero.

    La tierra gallega no se merece el pueblo que la habita. O como decía Thoreau: “Habláis del cielo ¡Vosotros le quitáis la gracia a la tierra!”.

    Un saludo.

    Daniel Pérez Rodríguez (Ourense)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Amén! Coma sempre, subscribo palabra por palabra todo o que dís no comentario, Daniel. E ademáis correctamente escrito, con maiúsculas, comas, e demáis signos ortográficos; algo extraordinario nos tempos que corren.
      Un pracer lerte, de verdade.

      Eliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos