luns, 15 de setembro de 2014

Papuxa común (Sylvia communis)

   Estou tentando aproveitar estas últimas tardes do verao, xa que non puiden facer ningunha saída lonxe este ano. A pesar das fortes treboadas que estamos a ter esta semana, sempre hai momentos de calma ou mesmo de sol.
   Nunha visita rápida, hoxe controlaba un Virapedras (Arenaria interpres) na praia dos Botes. Cada día de Setembro é diferente, e sempre paga a pena visitar as nosas praias e humidais.


   Este Pilro tridáctilo (Calidris alba) quedou máis nítido que moitas das fotos do outro día, e cunha velocidade moito menor (1/640 seg.). Así que parece que o problema non era tanto a velocidade senón o enfoque. Non sei que dirán os expertos, pero quedei encantado coa nitidez, luz e tonos desta foto (moi recurtada). Debo practicar máis co enfoque.


    Onde se nota o cambio de verdade é cos paseriformes terrestres pousados en arbustos. A rapidez e precisión de enfoque dunha equipa reflex é unha vantaxe moi grande frente ás bridge. E nada mellor para comprobalo que unha escurridiza Papuxa común (Sylvia communis).

   Houbo un tempo na que a especie era reprodutora común na comarca de Ferrol. Durante os anos oitenta controlei moitos territorios nos arredores do meu barrio natal, en Santa Icía (Narón), e tamén en Valdoviño, por exemplo. Pero durante a década dos noventa foi en declive até desaparecer case por completo. En anos recentes só coñezo algún indicio de cría en Santa Mariña do Monte, unha das parroquias máis altas e alonxadas do litoral, e tamén en Covas (Pablo Gutiérrez, comunicación persoal). No resto, só aparece agora coma especie en paso; outonal, especialmente. Falando con José Souza, ún dos naturalistas pioneiros do noso país (un "grande"), comentábame que na área coruñesa el notara algo parecido.

  Poño unha foto recurtadísima:

Papuxa común (Sylvia communis)

   Sempre me chamou a atención que o seu hábitat de espazos abertos con cobertura de mato medio-alto atlántico (fentos, salgueiros e silveiras), foi progresivamente colonizado pola Papuxa cabecinegra (Sylvia melanocephala), da que vin a primeira aló polo ano 85. E agora esta papuxa de procedencia mediterránica ocupa moitos lugares que no pasado deberon estar habitados pola común.

 E poño unha foto dun paxaro agochado entre as polas e follaxe dun arbusto. Unha imaxe que sería dificilísima de conseguir coa bridge, pero que coa reflex deixou de ser unha quimera, grazas ao seu enfoque manual.


   Despídome cunha frase: Cada cousa é para o que é!

3 comentarios:

  1. preciosa entrada y texto, mas me gustaria a mi ese vuelvepiedras!! la curruca zarcera muy guapa, el otro dia en un aguadero me entro una. En definitiva muy buena entrada y con tu nueva camara, a seguir con ella y a sacarla rendimiento!! gracias por tu comentario pero todavía hay que aprender mucho ;)
    saludos y nos leemos :)

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. No, si también vais a querer tener Vuelvepiedras en las "playas" de
      Castilla...No te me quejes, Marcos, que si conocieras en serio la zona en la que vivo te ibas a quedar de piedra de lo difícil que es la ornitología aquí y se te iban a caer muchos tópicos sobre Galiza.
      Tienes muchas suerte de vivir donde vives. Puedes creerme; que llevo muchos años en esto.

      Eliminar
  2. Interesame o da «papuxa», este pequeno paxaro migratorio era tan abundante no interior de Galicia, que en Monforte era famosa a empanada de papuxa. Pillabanse a centos cun artiluxio, creo que chamaban algo parecido a «estornela» que e a billarda, pero neste caso tratabase dun lazo. Alimentabanse das amoras das silveiras no veran que era cando mais robustas estaban para cazar. ¿Sabedes que foi deste paxaro que en Galicia desapareceo?. Un saudo loisfompedrina@gmail.com

    ResponderEliminar

Para comentar es necesario identificarse con nombre y apellidos